O Boom Festival estará limitado a 26.000 persoas este ano para evitar grandes aglomeracións, feito que a organización considera positivo para potenciar a empatía entre as persoas e favorecer un ambiente máis familiar. A última fase para adquirir tickets acaba de comezar e termina no mes de Xuño. Para os que pensedes en asistir este ano ao festival ésta é a última oportunidade para adquirir tickets online ou a través dos embaixadores delegados*. A organización pretende vender a totalidade de tickets vía online ou a través dos embaixadores que representan cada país no mundo: só no caso de que os 26.000 tickets non sexan vendidos antes do mes de Xullo, os restantes serán postos a disposición en taquilla. Ademais non existe este ano a modalidade de ticket diario, os que queiran asistir 3, 4 ou 5 días, en lugar dos 8, deberán abonar a totalidade do importe. Fontes consultadas por Galizaelectrónica explicábannos que estas limitacións, que poden por en perigo a economía de moitos, son un intento por parte dos organizadores para potenciar a familiaridade entre os asistentes á rave e evitar que persoas alleas á filosofía desta, veñan para só unha ou dúas noites, desestabilizando así a coherencia da unidade que tentan potenciar.
Estamos entón ante a terceira fase de venta:
BOOM FESTIVAL TICKETS TERCEIRA FASE
14 Marzo ao 26 Xuño – 1.500 tickets online dispoñibles. Consultar www.boomfestival.org
Boom Festival Ticket – 175 €
-
Cámping, caravana parking, auga potable, baños, duchas, cociña comunitaria libre de cargo.
-
Todos os países excepto USA, Canadá, Nova Zelandia, Australia, Xapón, Israel e a Unión Europea terán a entrada descontada a 95 €.
-
Chile este ano está exento de pago. Calquera cidadán deste país debe poñerse en contacto coa organización para solicitar a entrada gratuita.
BOOM BUS RESERVA
Este servizo está dispoñible só para aqueles que adquiran tickets a través dos embaixadores. Os itinerarios dispoñibles son os seguintes:
Aeroporto de Lisboa-Boom Festival 55€
Aeroporto de Madrid-Boom Festival 85€
Como podedes ver non se pode reservar anticipadamente praza para o retorno. Esta deberá reservarse dentro do recinto do Boom.
* Embaixadores Estado Español:
Sindar Productions
Barcelona
Teléfono 670 387 837
Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
AIAM Project
Madrid
Teléfono: 639 107 760
Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza
un saúdo,
clara.