Ecofeminismo con Vandana Shiva no Boom
Escrito por Ana   
Domingo, 27 Xuño 2010 09:25

VSA mañá do 16 de agosto de 1997, unhas 3.000 persoas se xuntaban nunha rave á que chamaron Boom Festival, organizada por God Mood. Fundada por Diogo Ruivo e Pedro Cavallo, God Mood e o Boom Festival foron visións e ilusións compartidas por estes dous mozos e os seus coñecidos mais cercanos. Apoiados por decenas de artistas descoñecidos comezaron a construír unha plataforma colaborativa para crear e desenrolar novas ideas procedentes de xente experimentada en diferentes traxectorias artísticas.

Todas e todos tiñan o mesmo soño, poder xuntar nun mesmo espazo as distintas psy trance raves que se celebraban en todo o mundo. O que comezou sendo unha rave musical converteuse co paso do tempo nun festival mundial aglutinador de culturas alternativas, transmisor de novas ideas, artes performativas, música, multimedia, bioconstrución, teatro, cine, conferencias, talleres e instalacións.

 

Cada dous anos conviven mais de 80 nacionalidades representadas nun mesmo espazo para compartir experiencias nun ambiente de diálogo intercultural. Paralelamente o Boom desenrola proxectos sustentables a nivel da enerxía, do tratamento de residuos e da auga. O Boom desenrolou unha alianza estratéxica con o IPEC de Brasil dando como resultado o a utilización de diferentes tecnoloxías para o saneamento e a enerxía, pioneiros a nivel mundial. O Boom é un festival único no mundo. Conscientes ecoloxicamente, é un espazo de creación artística e de vivencia intercultural orientados por unha ética independente. No Boom festéxase unha forma de entretemento para as persoas e non para as corporacións, quedando prohibida a publicidade ou exaltación empresarial dentro do recinto. Para falar de ecoloxismos e feminismos este ano estará con nos Vandana Shiva, filósofa e escritora da India, representante e referente mundial do eco-feminismo, ganadora do Premio Nobel Alternativo no 1993. Esta é unha das grandes apostas ideolóxicas do Boom para esta edición, que traerá centos de manifestacións mais nun programa que será publicado na nosa web nos próximos días.

 

www.boomfestival.org

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy