Programación Boom Festival 2010
Escrito por Ana   
Luns, 09 Agosto 2010 00:00

Boom Do 18 o 26 de Agosto, o Boom Festival propón unha programación onde o coñecemento se funde co teatro, a música dialoga con instalacións e o ambiente público en ambiente natural propón o contacto coas artes. Galizaelectrónica fixo unha selección do mais destacado para esta nova edición. Lembrade que o festival terá lugar en Idanha a Nova en menos de dúas semanas.

 

Antes de facer unha disección do festival por áreas, vexamos en liñas xerais o mais salientable:

 

VandanaVANDANA SHIVA

 

Unha das mais respectadas activistas da actualidade, esta indiana ten unha basta obra no ámbito da Consciencia Social e Ambiental. Foi ganadora do Premio Novel Alternativo no ano 2003. wikipedia.org

 

 

Murcof

MURCOF

 

O mexicano que revolucionou a electroacústica e a electrónica atmosférica. Chamado o "Brian Eno do século XXI". murcof.com

 

 

 

gerard minakawaGERARD MINAKAWA

 

Un dos mais importantes artistas de bioconstrución a nivel mundial. No seu curriculum conta con proxectos para o Museo de Historia Natural de Los Angeles, festivais como o Burning Man, Electric Picnic ou Coachella. O Boom encargoulle dúas obras arquitectónicas.

bamboodna.com

 

 

System 7SYSTEM 7

 

Con unha carreira con mais de vinte anos, esta parella inglesa foi pioneira na electrónica xuntando Detroit e Londres no comezo dos anos 90. Desde entón, traballaron o techno, trance, house, breakbeat e unha forma única de expresar o baile. myspace.com/systm7

 

 

 

Android JonesANDROID JONES

 

Posibelmente o artista de pintura dixital que mais se ten distinguido nos últimos anos. Con unha obra que pasa pola literatura do fantástico, cómic, arte visionaria, ilustración, "flyer art", deseño entre outras, Android Jones foi convocado polo Boom para desenvolver o concepto visual de unha das áreas do Boon 2010: O Dance Temple. androidjones.net

 

 

 

BrendonBRENDON MOELLER

 

O dub techno é o camiño por onde orbita este africano do sur. Transportando o legado Basic Channel paro o Deep Space de Kevorkian ata as atmosferas danzantes de Berlín, Brendon Moeller é unha figura imprescindible cando falamos de música moderna. myspace.com/beatpharmacy

 

 

 

O Boom está dividido en diferentes áreas que abarcan as múltiples temáticas que estarán presentes en todo momento no festival, mesmo na gran pista de baile. Vamos a ver as áreas mais importantes con os artistas mais destacados:

 

Boom festival

Ambient Paradise Boom Festival 2008

 

 

AMBIENT PARADISE

 

A idea é xuntar na mesma ecuación confort, son e iluminación. A traducción é un espazo onde se pode escoitar música atmosférica nun clima amistoso e familiar xunto con un deseño de luz que comunica e interactúa coa música. DJs, live-acts e concertos de xéneros como ambient, dub, músicas do mundo, electroacústica ou demais xéneros eclécticos aseguran unha programación que se estende durante todos os días do Boom 2010. www.boomfestival.org/boom2010/arts-culture/music/ambient-area.

 

 

En destaque:


MURCOF

NICK

MANASSEH

ROBERT RICH

ANTONIO TESTA

MAKYO

 

 

 

Boom festival

Groovy Beach Boom Festival 2008

 

 

GROOVY BEACH

 

A fusión de estéticas musicais modernas e como pasadas edicións a temática da Groovy. Esta é unha zona musical que cruza bass, dubstep, techno, dub-techno e cosmic disco. www.boomfestival.org/boom2010/arts-culture/music/groovy-beach.

 

En destaque:

 

A GUY CALLED GERALD

BRENDON MOELLER

MINILOGUE

BEN UFO

MARCEL DETTMANN

 

 

Boom Festival

Sacred Fired Boom Festival 2008

 

 

SACRED FIRED

 

Utilizar as músicas do mundo como medio para sensibilizar o contacto coa natureza é un dos obxectivos da Sacred Fired. Unha área con varios concertos nun palco que suspende sobre unha baía do lago. Ao mesmo tempo que a música desenvólvense workshops e conferencias. www.boomfestival.org/boom2010/arts-culture/music/sacred-fired.

 

En destaque:

 

HILIGHT TRIBE

GANGA GIRI

WILD MARMELADE

TERRAKOTA

NAÇAO VIRA LATA

 

 

Boom Festival

The Dance Temple Boom Festival 2008

 

 

THE DANCE TEMPLE

 

O gran templo da rave onde perfilan algúns dos mellores DJs da actualidade que non orbitan no circuíto comercial. En paralelo actúan bandas e proxectos de electrónica, performances, e por primeira vez no Boom Festival, unha película-concerto. www.boomfestival.org/boom2010/arts-culture/music/dance-floor.

 

En destaque:

 

EAT STATIC

SYSTEM 7

SHANE GOBI

ACE VENTURA

KILANDUKILU

 

 

THE DROP AREA

 

E unha das grandes novidades do Boom 2010. Está composta pola LIMINAL ZONE (zona de conferencias), THEATROOM ( teatro ), VISIONARY ART GALLERY (galería de artes plásticas), PARADIGMS FILMS (mostra de cine independente) e workshops. www.boomfestival.org/boom2010/arts-culture/the-drop/workshops.

 

Vexamos algúns destaques:

 

Boom FestivalLIMINAL ZONE

 

Trátase do epicentro cultural do Boom Festival. Engloba un espazo de conferencias, workshops e unha sala de cine.

O tema da Liminal Zone para este ano é o concepto de "Fronteiras". Diariamente se abordan diversas "frontiers" que determinan a nosa actualidade: "As fronteiras do Tempo e o Espazo", "As fronteiras da Mente", "As fronteiras do Son e a Arte", "As fronteiras do Amor", "As fronteiras da Evolución" e por último "As fronteiras do Comportamento e o Activismo". www.boomfestival.org/boom2010/arts-culture/the-drop/visionary-art-gallery.

 

Destacados no ciclo de conferencias:

 

Vandana Shiva

"Bhoomi: Action for Earth Democracy"


Kate Magic

"Raw Magic/Ecstatic Living"


Jamie Janover

"Crossing the Event Horizon: The Unified Field Theory of Scientist Nassim Haramein".


Tony Andrews

"Why Band Sound is Disrespecful to Our Divine Nature"

 

 

Boom FestivalVISIONARY ART GALERY

 

A "visionary art" é unha expresión de artes plásticas que terá a súa mais importante exposición en Europa no Boom 2010.

 

 

 

 

Estes son algúns dos pintores con obras expostas no festival:

Roberto Venosa

Martina Hoffmann

Satoshi Sakamoto

Anton Kononov

Andy Thomas (Android)

Simon Haiduk

Luminokaya

Laurence Caruana

Victor Olenev

David Heskin

Leo Plaw

 

THEATROOM

 

Debido ao gran éxito que o teatro tivo na edición de 2008, este ano refórzase o programa con espectáculos como Teatro Forum, explorando o papel social desta arte. Variedades, acrobacias, danzas, novos circos, mastro chinés, butoh, "vaudeville", teatro de máscaras.. entre outros. www.boomfestival.org/boom2010/arts-culture/the-drop/workshops.

 

Destacados:

 

DRQ-GTOLX

Teatro Forum

Lucent Dossier

Vaudeville

Ultimo Momento

Danza e mastro chinés por Joao Paulo e Rui Horta

ADHK

Teatro de máscaras

Eboman

Performance interactiva son e vídeo

 

PARADIGMS FILM

 

Trátase de unha mostra de cine independente tendo como presupostos o activismo e a ecoloxía. www.boomfestival.org/boom2010/arts-culture/the-drop/paradigms-film.

 

Destacados:

 

Dream People of the Amazon

por Larry Landsburg


Conversations with the Earth: Indigenous Voices on Climate Change

por Insight Share


Visions of a Universal Humanity

por Bárbara Marx Hubbard


2010: Time for Change

por Joao Amorim e Daniel Pindchbeck


Invocation

por Fernando del Sol

 

Boom festivalHEALING AREA

 

A Healing Area é un reduto de benestar no festival. A través de masaxes, consultas, unha arquitectura onde a cor e o confort predominan os participantes viven o Boom desde unha perspectiva holística e da filosofía do "healing". www.boomfestival.org/boom2010/arts-culture/healing-area.

 

 

 

 

 

Actividades:

 

QiCong

Meditación

Yoga

Sound Journey

Shiatsu

Terapias Ayurveda

Tai Chi

Homeopatía

 

 

 

ARTES PERFORMATIVAS

 

O Boom explora o concepto de espazo público como sendo un palco privilexiado para artes performativas. Diversos artistas e colectivos actúan diariamente:

 

Close Act

Holanda-Marionetas xigantes


Psychological Art Circus

UK-Areos


Amsterdam Baloon Circus

Holanda-Performances e Parade


Static Man

Portugal – Performer estático


Goltrix

Inglaterra – Circo e acrobacia


Static Man

Portugal-Performer estático


Goltrix

Inglaterra-Circo e acrobacia

 

 

PROXECTOS PARALELOS

 

Baby Boom: espazo para nenas e nenos monotorizado por educadores da infancia.

 

Boom Radio: servizo de radio durante o festival. Para conectar a través da página web do Boom: www.boomfestival.org

 

Dragon Dharma: xornal producido internamente que continua unha tradición iniciada no ano 2002.

Boom Web TV: é a estación de televisión web que xenera contidos sobre o Boom Festival.

 

 

FACILIDADES

 

 

  • WCS compostables
  • Parking gratuíto
  • Camping gratuíto
  • Duchas
  • Hospital
  • Auga potable gratuíta
  • Info Stand
  • Restaurantes
  • Tendas
  • Eco-Team: equipo de 150 persoas que tratarán de manter o recinto limpo as 24 horas do día.
  • Baby-Boom: área para nenos e nenas con actividades monotorizadas por educadores da infancia.
  • Boom Bus: Desde Lisboa-Madrid
  • Cociña comunitaria
  • Charters permanentes Boom-Idanha-a-Nova
  • Wireless e Internet gratuíta
  • Feira do libro
  • Mercado de produtos rexionais biolóxicos

 

 

 

INFORMACIÓN

 

BOOM FESTIVAL

Edificio Incubadora de Empresas

Zona Industrial 6060-182 Idanha-a-Nova

Portugal

Teléfono: (351) 277 201 052 Fax: (351) 277 208 138

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy