Boom Tickets: Dispoñibles ás Portas do Recinto
Escrito por Ana   
Martes, 10 Agosto 2010 00:00

A dúas semanas da celebración desta gran rave bianual en Idanha a Nova, a organización do Boom Festival decidiu por tickets a disposición das ravers no despacho de billetes ás portas do recinto, ao contrario do que tiña manifestado orixinalmente e, do que nos tiñamos publicado na nosa páxina web.

 

A venta on-line transcorreu con éxito e sen incidentes pero parece que dos 26000 tickets dispostos para se esgotar a finais do mes de xullo sobraron existencias. A organización entende que é difícil planear con tanta antelación a asistencia ao festival e decidiu cambiar os requisitos de venta. O que si permanece igual é a imposibilidade de comprar tickets diarios.

Este requisito, ademais do prezo elevado do ticket non foi ben acollido nos diferentes foros e grupos do Boom na rede, sen embargo, como a organización sostén e como nos puidemos verificar tendo acceso á programación, a oferta de actividades, perfomances, instalacións, actuacións e servizos é tan elevada que o soporte económico debe ser alto tamén.

Boom Festival

 

Para os que aínda dubidades, poder dispor do ticket no despacho de billetes ás portas do festival pode facervos decidir finalmente.

Dez dias na conta atrás deste excepcional evento.

Incluso para aquelas que non poidan ou queiran pagar tickets, aquelas que cheguen tarde ou para as que sintan claustrofobia en recintos fechados, lembrarlles que ás portas do recinto miles de persoas se concentran nun chamado Boom Alternativo con o seu Dance Temple incluído.

www.boomfestival.org

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (1)Add Comment
0
respond this topic
escrito por NEWTONLATISHA30, August 11, 2010
That's perfect that people can get the home loans moreover, it opens new possibilities.

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy