Reportaxe do lado máis electrónico do Vigo Transforma
Escrito por Alberto e Lorena   
Martes, 05 Xullo 2011 15:20

Logo Vigo TransformaUnha nova edición do Vigo Transforma chegou ao porto de Vigo cargada de artistas nacionais e internacionais que se repartiron ao longo de tres días en dous escenarios. O festival contaba ademais cunha programación anterior aos días dos concertos chamada "vasos comunicantes", composto por performances e proxeccións  ao aire libre ademais de e talleres.

Só asistimos o xoves con MOBY e THE BLOW e sábado con HOLA A TODO EL MUNDO, RUSSIAN RED, THE PAINS OF BEING PURE AT HEARTH, THE GIFT ou con Colectivo Oruga substituíndo a TORO Y MOI.

XOVES

O primeiro día do festival e o máis importante para nós pola actuación de MOBY que obrigounos a estar a primeira hora no recinto  para ver como estaba preparado e controlar o ambiente. A primeira actuación comezaba ás 20:30 no escenario Xacobeo (o principal) e estaba ao cargo de The Blows, un grupo de Vigo que non defraudaron ao público, tocando temas como Catwalk , Berlín ou Do You Like My Boots, abriron o festival dunha forma moi enerxética.

Tocáballe a quenda a outro grupo galego bastante pop, ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS. Moi  coñecidos na escena do indie español  por temas como La Cruz ou El Corazón en la Mano.

Xa case non quedaba nada para MOBY que actuaría ás 22:45 e a pesar de ser xoves, o ambiente xa estaba bastante quente. A xente parecía algo impaciente por ver a este artista americano defensor dos animais e membro de PETA, que serviu para que algunhas persoas se queixasen no Facebook da organización de VT esixindo un menú vegano.  Nada máis saír ao escenario, acompañado de varios artistas (batería, guitarrista, teclado), entre eles a cantante de Why does my heart feel so bad que foi o primeiro tema en soar e a xente entoleceu, entregándose a este grande da electrónica e alternativo.

Algo que se notaba en falta ao final da actuación de MOBY foi que non había ningún grupo para pechar o primeiro día do festival, sobre todo despois do ambiente de festa que deixou no público.

Vídeo de MOBY (calidade do vídeo non moi boa, o son esta bastante pasable, gravado cun Sony Ericsson Vivaz)


SÁBADO

Dando unha volta polo porto preto do Festival, atopámonos a Giles Walker, un peculiar artista que se adica a a construír robots e esculturas cinéticas con materiais atopados en depósitos de chatarra de toda Europa.

Vídeo no Porto de Vigo (calidade non moi boa, gravado cun Sony Ericsson Vivaz)


Como aínda era cedo, dimos unha volta polo escenario de Radio 3, que se atopaba fora do recinto do festival con HOLYWATER, MARCUS DOO & THE SECRET FAMILY, Dr. Gringo entre outros moitos. Un escenario pequeno pero cun bo ambiente no que podías tomarte unha cervexa sentando mirando ao mar e cun bo concerto!

Era a quenda de HOLA A TODO EL MUNDO, grupo que abriu o festival no escenario Xacobeo, tocando temas como A movement between these two ou HATEM PRAYER TEAM cunhas melodías moi bailables que fixeron gozar a xente. Chegaba a hora  dun  dos grupos máis esperados do sábado: Russian Red. Rodeada dos seus músicos vestidos de traxe negro, coma se foran os seus gardas de seguridade, para que puidera cantar con esa voz que a todos e todas nos deixa sen palabras, sobre todo co xa clásico Cigarettes, onde todos cantaron con ela. Ás 9:30 comezaba o músico-compositor YANN TIERSEN, tocou temas como La Terrasse e Chapter 19.

Ás 22:45 chegaba un grupo que non ten un nome o que se pode dicir, curto: THE PAINS OF BEING PURE AT HEART esta banda estadounidense composta por Kip Berman, Kurt Feldman, Alex Naidus, Peggy Wang-East e Christoph Hochheim deron moito que bailar cos The Pains of Being Pure at Heart ou The One, o público agardaba que tocaran Young Adult Friction e cumpriron, un grupo con calidade e que gaña moito máis no directo.

Outros dos grupos máis esperados deste último día de Vigo Transforma era a banda portuguesa THE GIFT, con esa voz da cantante que non deixa indiferente a ninguén, e sobre todo coa enerxía que transmite fixo que a xente saltara e bailara cada minuto da actuación.

Vídeo do remate da actuación de The Gif (calidade non moi boa, gravado cun Sony Ericsson Vivaz)

 

Despois do bo sabor de boca que nos deixou The Gif, sobre todo polas ganas de seguir saltando e bailando había que dar paso a banda belga dEUS, que nada máis comezar houbo un problema de son que ocasionou que se apagasen algúns altofalantes. A pesar diso o grupo puido continuar coa actuación sen problemas.

Non toda ía ser estar dentro do recinto do festival, así que fomos a dar unha volta -non moi lonxe- a entrada do recinto, onde había unha proxección no edificio do Porto que aparentemente eran texto que para a nosa sorpresa mudaba cada pouco. Detrás desta obra estaba os coñecidos "vasos comunicantes", nada máis e nada menos que Blitztag y Led Throwies creado por Graffiti Research Lab Germany, que consiste nun programa informático cunha fonte que a través dun láser e unha proxección nunha fachada, podes escribir o que queiras, iso si, sen saír do recadro claro.

O Vigo Transforma chegaba ao seu fin por este ano, era a quenda de TORO Y MOI e do que moitos asistentes ansiaban en ver, pero un problema de última fixera que cancelaran a súa xira, de forma que era imposible que actuaran e motivo polo cal algúns fans deixaron as súas queixas no Facebook oficial da organización do Vigo Transforma. Pero non todo ían ser malas novas, un dos grupos revelacións destes últimos anos na escena galega substituirían pecharían o festival, eles son Colectivo Oruga. Cun pouco de medo pola resposta que podía ter a xente tal e como nos confesaron. Non só polo estilo de música senón porque moitos dos asistentes non sabían que houbera unha baixa no cartaz do festival xa que en toda a publicidade que fora repartida non aparecía este cambio de última hora, pero, a pesar diso parece ser que ninguén ou case ninguén se deu conta, pois cando saíu o grupo a xente comezou a bailar gozando deste grupo coñecido polo seu último traballo December Descent.


Curiosidades:

Este ano había unha gran alfombra branca cun montón de pufs onde a xente podía sentarse. Tamén había unha cúpula ao máis estilo dun festival psytrance onde proxectaban figuras en 3D.

Este ano só había un escenario no recinto do Festival, o escenario Xacobeo, o outro escenario era de Radio 3 / Mondosonoro e estaba fora do recinto.


Tiñan unha zona habilitada para minusválidos, onde podían ver os artistas sen ningún tipo de problema. Este é un detalle moi importante a ter en conta, xa que moitas veces por problema de altura, non poden ver ben o escenario.

 


smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy