A primeira fin de semana de xullo, Cerceda acolleu un ano máis a 2º edición do Fresh weekend. Un festival que a pesar de a súa xuventude, é un dos mais importantes que se celebra este verán en España xa que conta con grandes artistas internacionais e nacionais, ademais, xa que brillou o sol toda a fin de semana, durante o día os asistentes puideron beneficiarse das instalacións do aquapark, tanto para divertirse nos tobogáns acuáticos como para descansar no céspede, mentres escoitaban a música das carpas.
A diferencia do ano pasado, o recinto contaba só con tres carpas todas cubertas, por se o tempo non era favorable, a pesar de que non choveu, as carpas foron de gran axuda polas baixas temperaturas que facía pola noite. A máis grande, a vermella, era a de techno, a mediana, a azul, de tech house, e a pequena, a branca, de electro. Distribuído por todo o recinto estaban as barras de bebida e comida incluíndo un telepizza, a prezos populares, ademais de varios stands de roupa e ata un da revista beatburguer para poder probar o novo Traktor.
Este ano a festa comezaba o xoves cunha Preparty para todos os que tiñan abono para os dous días. Como artistas invitados, Sergio Amaro, Ubi, Iván Maceda, Kabale und Liebe e o dúo District one que actuaban na carpa vermella. Cuns cambios nos horarios previstos, chegamos para a actuación de Kabale und Liebe, o holandés puxo un tech-house bastante contundente onde o público non parou dende o inicio, con temas como “No worries” de Butch ou “Poison” de Lauhaus, ca versión dos que un intre despois pasáballe os mandos da cabina, Anton Pieete & Bart Skills. District one comezou pisando forte, xa que Kabale deixaralle o listón moi alto, pero este dúo conseguiu superalo con creces, a pesar de que non puidemos quedarnos a velos completos.
O venres entramos para ver Natura Sonoris Battle, onde Henry Saiz, Cora Novoa, David Granha e John Axiom, mostraron o techno melódico que caracteriza o selo. A continuación comezou Architectural, cun live cargado de bombos e melodías, onde pouco a pouco o escenario vermello íase enchendo ata que chegou o momento de Víctor Santana. Un live espectacular de techno con toques de jazz e soul. Mentres o madrileño preocupábase da base techno, a súa banda acompañábao tocando diferentes instrumentos coma o violín, a percusión ou o saxo.
Despois dun descanso, volvemos para ver a presentación en exclusiva do set Light & Dark A/V de Oscar Mulero. Coa carpa case repleta puidemos escoitar unha gran sesión de techno escuro e de fondo unhas visuais de impresión, “whoodoo” de PAS ou “Substance Abuse” de FUSE, foron algúns dos temas que utilizou no seu set.O rematar OM, pouco faltaba para a actuación máis esperada do Fresh, así que dirixímonos cara a carpa azul, para ver a Luciano. Dentro da carpa non collía nin un alfinete, chegaba ser ata agobiante de non poder moverse, así que decidimos velo dende o fondo. Puxo música moi bailable para animar os alí presentes, coma o “Caminando” de Reboot, que soou dúas veces na súa sesión, ou o mítico “Age of Love” para o peche.
Ó rematar este día o festival habilitaba un after con cabeza de cartel Nicky Curly, pero necesitabamos durmir e decidimos non ir.
Xa era sábado e despois dunha tarde no aquapark de descanso coa gran música de fondo de Dreamgirl, movémonos cara a carpa azul a ver a The Seekers. Estes irmáns estaban facendo un live sorprendente, sons minimalistas pero con moitos graves contundentes. Cunha parada para cear, volvemos cara a mesma carpa onde estaba acabando Uner e comezaban Los suruba. Cun live de tech house que enganchounos de principio a fin ata que era hora de cambiar de carpa, e ir a ver a Marco Carola. Coma de costume o italiano impresionounos coas súas mesturas e o seu bo gusto seleccionando os temas, techno contundente con moitos graves, non deixaba parar de bailar.
Ó chegar a metade da sesión decidimos cambiar para ver o que estaba facendo John Digweed na carpa azul. Para a nosa sorpresa, estaba deslumbrando os alí presentes co live que estaba a facer, polo que decidimos quedarnos alí e sacrificar o peche de Carola. Sons techno con mesturas de deep e tech house, con visuais e luces hipnóticas, o británico fíxonos terminar coas poucas forzas que quedaban despois dos tres días e rematar así con este fresh weekend cun sorriso de orella a orella.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza