Crónica Sónar Dia '09 (Sábado)
Escrito por Martin NoMore   
Xoves, 16 Xullo 2009 17:23

Sonar 2009Chegaba o sábado coa idea de repetir no Maremagnum, onde tan ben nolo pasou o día anterior, pero ao pasar por alí a iso das 11 da mañá, dixéronnos que tiñan uns problemas coa policía, que nos pasásemos nun par de horas. Volvemos a iso das 2 da tarde, e aquilo estaba pechadísimo. Putada (perdoen a expresión), e digo putada porque por segundo día consecutivo tiña a oportunidade de ver a Federico Molinari, Nekes, Christian Bukhart, Ray Okpara... e por segundo día consecutivo a policía augara a festa (esta vez non deixara nin comezala).


Visto o visto, a solución era clara: Sónar Día. Fomos tarde outra vez, sobre as 4 ou 5 da tarde. Nada máis chegar vexo que a afluencia de público era moitísimo maior que o día de inicio do festival, o Xoves, onde case a metade do público éramos acreditados e podías moverche líbremente por calquera parte.
Esta vez o Centro de Cultura Contemporánea de Barcelona estaba cheo, podíasche mover igual, pero había moita xente.
Sonar 2009
Esta vez pareceume ver moitos menos nenos que o Xoves, normal por outra banda xa que esta vez había moita xente e ademais ao día seguinte tiñan o seu propio Sónar, o SónarKids.

Ao que nos interesa...empezamos a tarde no SónarVillage, tomando unha copa baixo a sombra das árbores, trazando un pouco a ruta a seguir, pois non contabamos con estar onde estabamos. Unha vez acabada a copa, e sen decidir absolutamente nada, dámonos unha volta por todo o recinto e facemos a primeira parada na carpa RedBull, onde chegado de Estocolmo estaba Kornél Kovács mesturando discos a camiño entre o house e o techno a baixos bpm (que tamén existe): moi animado. Gustoume.

Finalizado o set de KornSonar 2009él, dirixímonos ao SónarVillage, onde se estaba levando a cabo un showcase de Ed Banger, soando James Pants. Un rato e para o SónarHall, onde estaba tendo lugar o showcase de Raster Noton. Logo de oír moi boas críticas sobre Byetone e Alva Noto, pero sen saber en absoluto que tipo de música facían, cheguei á sala cos oidos ben limpos e o cerebro o máis receptivo posible (recordemos, terceiro día de festa).


Chegamos con Byetone xa empezado (vídeo). Aos cinco minutos xa sabía que aquel non era o meu rolo, pero de todos os xeitos cominme toda a súa actuación, esperando que dun momento a outro, "colléselle o punto". Foi en balde, un IDM demasiado conceptual para o meu gusto.

Non dubido que a xente de Raster Noton sexan uns fóra de serie no seu, e que lle estean dando unha volta de torca ao xénero, pero eu non acabei de pillarlle o gusto, nin a Byetone e a Alva Noto, que comezaba despois. E non foi porque non o intentase. Pero de todos os xeitos, se Sonar 2009algo me gusta é coñecer música nova. Esta vez non me gustaron (ou non os souben valorar), se algunha vez teño a oportunidade de escoitar a éstes ou outros artistas do xénero, fareino, e se segue sen gustarme, pois tirarei noutra dirección. Será por xéneros musicais dentro da electrónica...

Logo diso, démonos unha pasada de novo pola zona de casetas, toqueteando todos os cacharros dispoñibles, charlando...


Logo, a iso das 8 da tarde, saímos de novo fóra e ímonos á carpa RedBull, onde estaba pechando a carpa Culoe De Song, quen o coñeza xa sabe de que pau vai: deep house adornado con sons étnicos e un sentido do ritmo que só os negriños teñen, creo que na web da RedBull Music Academy pódese escoitar o seu set. Moi bo.

Para rematar, para despedir Sónar Día, ímonos ao Sónar Village, onde dous días antes empezara todo con The Wizard. Pois pechamos o festival diúrno ao ritmo que marcaba Busy P. co seu electro minimaloide, que aínda que non foi a bomba, tiña á xente bailando.
Vídeo1, vídeo2, vídeo3 y vídeo4

Retirada e nunhas horas, SónarNoite.

Continuará...


smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy