Crónica Sónar Noite '09 (Sábado)
Escrito por Martin NoMore   
Xoves, 16 Xullo 2009 23:26

SONAR 2009Chegaba o momento de coñecer SónarNoite. Despois de tres días en Barcelona, a inmensa oferta nocturna impediunos coñecelo antes.

Coma de costume, entramos bastante tarde ó festival. A iso das 2 da mañán, cando o festival remata as 7. Tocaba aproveitar o tempo.

A destacar, sonido espectacular nas 3 zonas, salvo uns problemas durante o set de Jeff Mills, a tónica foi un son limpo, puro, alto e con presión. Pantalas por doquier, repartidas polos laterales de tódalas zoas, para que ningue se perdese detale das actuacions. Como xa saberedes, o equipo do dj encóntrase rodeado de cámaras, y éstas emiten a imaxen polas pantallas, para de novo, non perder detale.

Chegamos, e na sala principal, SonarClub, onde a noite anterior estivera Riche Hawtin, estaba Tadeo enchufando o equipo á Allen & Hearth. Set de unha hora de minimal-techno. Dende a primeira fila impresionaba aquel son.

SONAR 2009Finalizado o set de Tadeo, comezaba un dos atractivos do festival. A formación berlinesa Modderat ó completo (Modeselektor + Apparat). O tempo que o vin pareceume un directazo, moi traballado e unha música con alma, que transmitía sensacións. (Vídeo da intro) Todo iso acompañado por unhas visuais, obra de Pathfinder, sincronizadas á décima de segundo, e cunha calidade, outra vez sobresainte, dá como resultado o que xa dixen: Directazo para os que aínda pensan que de Berlín só sae minimal. (outro vídeo)

Encontrábame abraiado escoitando a Modderat, cando decidiuse seguir coñecendo o festival. O obxetivo do grupo era Jeff Mills. Prescendiría de el esa noche, polo feito de que é bastante sinxelo verlo, mientras que Modderat, podía ser unha ocasión case única. Así as cousas partimos cara ó SonarPub a ver ó de Detroit. Increible o americano. O Jeff das grandes citas: techno minimalista marca da casa, mesturas increíblemente rápidas e precisas, tirando de todo o repertorio de Axis, M-Plant, e usando e abusando da Roland. (Vídeo) Un set que cada minuto que pasaba iba engadindo unha marcha ó conxunto, cun ritmo, unha intensidade increíbles...e nisto, os manidos problemas de son. Non sei que maldición ten o pobre Mills no Sónar, pois o ano pasado, na actuación de X-102 tivera problemas de soido, e esta vez, tamén. Unha pena porque o set estaba sendo antolóxico.

Cando me dou conta, eran as 4.30 e na sala contigua, chamada SonarLab, tiña unha cita ineludibel co programador e residente do Berghain club, Marcel Dettmann. Technazo. ¿Para qué decir máis? Este alemán regalounos a todos os presentes unha hora de techno estilizado, potente, oscuro e minimalista á vez.
(Vídeo1, Vídeo2, Vídeo3, Vídeo4).
Unha actuación que se me pasou nun abrir e cerrar de ollos. Se a alguen lle teño que otorgar o MVP da noite, éste e Marcel Dettman.

SONAR 2009

Despois de iso, o mellor cerre posible ó festival. Outro estadounidense, outro de detroit que vive por e para os ritmos 4x4: Carl Craig. Sesión de moitísima clase, onde soaron grandes clásicos de Detroit, acompañados por outros de nova onda eincluso algún que outro tema estilo Chicago, conxugaron o mellor cerre posible ó festival. (Vídeo1, Vídeo2, Vídeo3)

Un aplauso á organización do Sónar, o mellor festival no que estiven endexamáis, e unha aperta a GalizaElectrónica e a toda a xente coa que pasei o fin de semana: inolvidable.

 

Un Saudo, e ata a próxima!


smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy