Esta edición era a do XV aniversario para un dos festivais máis importantes da península, en canto a música electrónica se refire. A pesar de todos estes precedentes o cartel non estaba a altura do que noutras edicións se poidera chegar a ver no deserto dos Monegros.
A nosa viaxe fixémola en avión posto que os 930km de ida máis outros tantos de volta fánlle a un plantexarse se realmente vale a pena visitar os Monegros. Aproveitando a ofertas de Ryanair podemos chegar a Reus en pouco máis de unha hora e trasladarnos despois nun dos múltiples buses que a organización ten desde as ciudades do arredor (Reus, Tarragona, Barcelona, Girona…..). Ás 19h estábamos a chegar ao tan ansiado deserto. 
As caravanas de coches eran verdadeiramente impactantes. Uns coñecidos tiveron que esperar case 2 horas ademáis de ser sometidos a un control moi intenso por parte das autoridades. A nosa chegada, pola contra, foi moitísmo máis cómoda posto que a organización tiña un carril reservado en exclusiva para os autobuses. Un motivo máis para escoller este medio de transporte para acercarse ao festival.
Ás 19h o sol non era de xustiza, aínda así unha sombra era do maís demandado no inmenso aparcamento. Dende lonxe poidíase escoitar o que era o comezo de sesión na Open Air, a cargo de Cristian Varela. Techno de casa con grandes clásicos como o Jaguar para ir quentando a pista. Despois alonxámonos ata o lugar donde tiveran que aparcar o resto do grupo para beber as copas de rigor e comentar un pouco a situación. O ambiente era completamente festivo e moi acolledor, todo isto controlado por centos de Gardas Civís tanto en moto como en coche, cabalo e ata 3 helicópteros.
Por mor dalgún problema “técnico”, a nosa entrada no recinto do festival non se produciría ata case a media noite, aproximadamente ás 23:45. Fomos a recoller as entradas que mercaramos por internet e acto seguido e sen ningún tipo de cola pasamos para dentro. O primeiro obxectivo era conseguir os Monegrinos se os cais non podemes mercar absolutamente nada. A equivalencia é un a un (1monegrino=1euro). A nosa entrada parecía coincidir coa hora punta para realizar este trámite e tivemos que esperar uns 20 minutos ademáis de ter que aturar múltiples empuxóns. Poida ser este un dos aspectos máis negativos da organización xunto co que non che proporcionasen ningún tipo de horario coa clásica mochiliña coa que che agasallan ao entrar.
Comezaba o de verdade, é dicir, a música.
O noso primeiro destino foi a carpa Eristoff, aos mandos o señor Locodice, cun techhouse da escola lucianesca, moita melodia arabe, latina, vocais....... moita alegría para comezar. O son era bastante correcto aínda que ao estar case ao final da carpa tampouco se podía valorar en perfectas condicións.
(Vídeo1, vídeo2, vídeo3)
Tras ver uns temas do comezo de Crookers, un technohouse cuns toques electro que a min personalmente non me estaban a gustar nada, puxemonos rumbo a un dos motivos principais da nosa visita ó deserto, e este non podía ser outro maís que o grande Ricardo Villalobos.
Instalámonos na carpa San Miguel a iso das 3 da mañán. Esta Carpa era sinxelamente impresionante, tanto polo tamaño como polo sonido que tiña. Para o noso gusto, a mellor de todas a zonas. En canto á sesión de Villalobos, pois o que se espera de él cando decide aparcar a informalidade que o caracteriza e se pon o mono de traballo para repartir temazo tras temazo todo isto mesturado co seu característico estilo. En 5 minutos pasáronsenos 2 horas, pero quedarán sempre para o recordo unhas filmacións memorables. Grande Ricardo!
(Vídeo1, vídeo2, vídeo3, vídeo4, vídeo5)
Unha vez finalizada a nosa estadía na carpa San Miguel tomámonos unha hora e media para facer un pouco de turismo polo recinto. Este ano introduciran unha carpa de Telepizza para os que decidiran repoñer forzas, todo cos mesmo prezos que os da rúa. Había outra mini-carpa para os que tiveran que mercar tabaco, outra para todo o relacionado co Merchandaising (podiase atopar de todo co lagarto típico de Monegros), unha especie de túnel de lavado cuns aspersores por se te querías refrescar.....
Ás 7 da mañán dirixímonos cara a carpa Eristoff, que ás e media se ía transformar na carpa Circoloco. Estivemos un anaquiño ata que os compañeiros que viñeran en coche decidiron poñer fin á súa presencia nos festival e os acompañamos ata o coche. Ao noso regreso a carpa Circoloco xa comezará. Aos platos un back to back entre Renè e Andrew Grant, que case finalizou no intre en que nos instalábamos definitivamente na carpa. Acto seguido era o turno para Zip que tirou de tech-house para poñer a carpa patas arriba, moi ben Zip.
(Vídeo)
Tras él tocáballe o turno a Tania Vulcano, que xa polo seu comezo, desconectado o que non debía e chafándolle o tema final a Zip xa nos parecía presaxiar o que sería a súa sesión, e dicir, un desastre.
Puxo algún tema de alta categoría pero as súas cabalgadas (e iso que empregaba ordenador), os seus problemas co volumen, a súa ecualización nefasta......... en fin, que nola tivemos que tragar por outro dos erros da organización posto que non había un horario concreto dos artistas da chamada carpa Circoloco. Menos mal que a Vulcano solo estivo 50 minutos, porque se nón fose así comezaría a ter que temer pola súa vida. 
(Vídeo1, Vídeo2)
Eran case as 10:30 da mañán e por fin era o turno do noso principal motivo de viaxe a terras aragonesas, Arpiar (Raresh, Pedro, Rhadoo). Primeira sorpresa, só estaban os dous primeiros. A día de hoxe aínda descoñecemos cal foi o motivo da ausencia de Rhadoo, pero teño a sensación de que nunca obteremos unha explicación da organización por como fomos tratados os seguidores dos tres rumanos, posto que nin sabíamos a hora concreta da sua actuación, que ademáis foi moi corta, tan só unha hora e media, a pesar de que cando actuan os tres xuntos soen marcarse máis de 4 horas...en fin...moi mal o trato para a Arpiar Crew. Con respecto a súa actuación, que é verdadeiramente co que nos temos que quedar, simplemente podo dicir que foi emotiva e sublime, nada de tech-house de circoloco, senón o seu estilo propio, microhouse puro e duro.
(Vídeo1, vídeo2, vídeo3, vídeo4)
Cunha sonrisa de orella a orella e con máis enerxía vital da que tiñamos 12 horas antes puxemos rumbo ao autocar que nos levaría de novo á realidade.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza