Este venres, último día do mes de Xullo, o local coruñés Fanzine vestíase de gala para dar cabida á unha nova Frequencies, esta vez có berlinés Todd Bodine coma invitado.
Dende fai uns anos, o nome Frequencies é sinónimo de calidade musical, e sobre todo apertura de miras. Nunha comunidade onde os eventos electrónicos cun pouco de "miga" cóntanse cos dedos dunha man, propostas como Frequencies deben ser valoradas como o que son: unha oportunidade de ver a moi bos artistas, artistas sen un caché que os faga inaccesibles pero que desbordan calidade polos catro costados. Foi o caso de HD Substance na primera Frequencies, de Ekkohaus, de Marc Marzenit, de Chymera e dun largo etcétera.
Con estas credenciais acercámonos ó Fanzine a disfrutar da música do productor e pincha-discos alemán Todd Bodine, e a verdade é que non defraudou en absoluto. Regalounos dúas horas de tech-house centroeuropeo, con influencias minimalistas, tanto con produccions propias como alleas, que fixeron que toda a xente que alí se dera cita, disfrutara (disfrutáramos) coma enanos.
Un dez para a xente de Fanzine e Frequencies por facer posible noites coma a deste Venres.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza