Por cuarto ano consecutivo, chegaba este sábado ó SuperClub de A Coruña unha nova edición de Arte Regulable.
Durante este tempo, visitaran o club dj´s da talla de HD Substance, Dj Ino, Ivan Smoka, Spirit Catcher ou o dúo madrileño Wagoon Cookin. Nesta ocasión era o turno do británico Ewan Pearson.
A súa sesión comezaba sobre as 4.30, cando Dj San Román deixaba o posto de mandos en favor de Ewan, quen iniciou a sesión a base de deep house, liña que predominaría durante case todo o set, mostrando un refinado gusto na selección musical, plagada de temas deep, facendo uso de distintas vocais, tanto femeninas e sensuais, coma outras máis graves.
Boa noite no SuperClub, non tan cheo de xente coma outros venres ou sábados normais, sobre todo ata as cinco da mañán; pero de ahí en diante a sala foi collendo color ata o final.

Ovación ó británico, e a esperar ó seguinte nivel (así chaman a cada unha das festas de cada edición, esta foi o nivel 1) que será o vindeiro día 22 con Rainer Trüby coma invitado estrela.
Coma sempre, estaremos atentos e informaremos puntualmente.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza