Este Venres asistimos a unha das citas obrigadas en Portugal, Neo Pop Electronic Music Festival. Para quen non o coñeza, este festival realízase na fortaleza de Viana do Castelo durante 3 días nos que se reúnen os dj´s mais representativos dos son vangardistas.
Sobre as 24:00 horas chegamos a Viana do Castelo, o Neo Pop é inconfundíbel xa que dende lonxe vense as luces de escenario detrás da fortaleza no centro da cidade. Achegámonos ó recinto para entrar e xa vimos o primeiro detalle da noite que nos gustou, unha seguridade privada excelente, revisando todo e con detectores de metais para obter a máxima seguridade, pasado o recoñecemento entramos... atopámonos con un montón de mesas e sillas para que a xente descansara, outro detalle que nos encantou xa que nos festivais de España é complicado atopar esas zonas. Pasando esa zona xa estaba o escenario cun gran son e uns visuais que non deixaban indiferente a ninguén; para beber había catro barras dispersadas por toda a pista para evitar aglomeracións, cousa que tamén nos pareceu moi boa idea.
Como aínda non había moita xente decidimos ir a unha especia de cúpula que había ó lado do escenario. Tratábase dun mini-cine, onde emitían películas o son da música que alí tiñan, no chan podíanse atopar alfombras para que te sentaras e relaxaras. Estivemos un bo anaco alí dentro xa que nos quedamos abraiados cas imáxenes e decidimos saír para ver a Paul Ritch.
Para a nosa sorpresa a pista estaba case chea e xusto o señor Ritch comezaba a súa sesión. Esperábamos un minimal-tech movidiño pero nada diso... un Techno contundente impresionante, moito mais forte do que soe pinchar Paul , deleitounos co seu novo tema Carrrrramba e deixou soar temas coñecidos como Samba ou Aquarel xa cara o final da sesión.
Logo púxose ó mando Audion cun minimal moi puro seguindo unha linea progresiva de menos a mais, o momento cume foi cando puxo o seu tema mais mítico Mouth to mouth.
Despois dos cabezas de cartel tocáballe aos españois, Alex Under e Xpansul os dous seguindo a súa lña de produción con Techno melódico e facendo alarde das súas propias producións, quizais Alex Under estivo un pouco mais contundente.
O peche de Alex Under déixanos un bo sabor de boca e volvemos para Galiza moi contentos e satisfeitos por este festival. Boa seguridade, organización de luxo, son incrible, musicalmente un dez e ambiente inesquecíbel.
Un dez rotundo para este festival que esperamos voltar para o ano durante os tres días.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza