Hai costumes que é mellor non perder nunca, visitar o festival portugués NeoPop (ata este ano AntiPop) é unha delas.
NeoPop é un festival portugués situado preto da fronteira con Galiza, na cidade de Viana do Castelo. O recinto do festival en sí é moi acolledor, posto que non é un macrofestival tipo Monegros, nin sequera Creamfields (Andalucía) ou Aquasella, é moito máis pequeno; pero xusto para a xente que ano tras ano disfruta neste lugar de tres días de música de vangarda ,cun line-up envidiable e moi equilibrado, todo isto acompañado dunha organización e dun son exquisito, cortesía de Funktion One. Mencioar tamén o exquisito apartado visual, con proxeccións nas pantallas de moita calidade, de man, como tódolos anos, de Dub Connection.
O Xoves, primeiro día do festival, entramos ó recinto arredor das dúas da mañan, estando Freshkitos en cabina, sendo os últimos dj´s locais antes de dar paso ós internacionais, para dar paso a Frank Heinrich, máis coñecido como Reboot.
O de Cadenza marcouse un directo a base de sons tech-house e melodías étnicas bastante logrado. Non foi a impresión da primera vez que o vín, pero estivo ben. Era a terceira vez que o veía, e posiblemente a que menos me atrapou, o cal non quere decir que foro malo, ollo.
Sempre entragado e facendo bailar ó persoal, todos, creo, quedamos contentos coa súa actuación, moi bailable e elegante.
Finalizado Reboot, era o turno do holandés Joris Voorn. Este mozo é dos que non faian. Pódelo ver unha vez, dúas, tres…que sempre farache bailar. E é que o súa música desprende enerxía polos catro costados. Imposible parar de bailar durante todo o set, un dos que máis disfrutei sen dúbida de todo o festival. Exquisito.
Tras él chegaba o sempre sorprendente James Holden, ó que non lle demos moito tempo antes de marchar a descansar para o Venres.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza