Crónica de Richie Hawtin en Industria Agricola
Escrito por Lorena Iglesias   
Xoves, 27 Agosto 2009 12:15

Entrada IndustriaO día 20 de Agosto visitounos un dos grandes innovadores da música electrónica, Richie Hawtin. A cita tivo lugar nun pobo portugués ó lado da fronteira chamado Vila Nova de Cerveira, na sala Industria Agrícola situada ás aforas.  Para que vos situedes esta sala é moi coñecida pola zona, dispón de dúas zonas exteriores tanto na entrada como na parte de atrás con barras de bar e sillas para que se poida descansar. A sala ten capacidade para unhas duas mil persoas, a pista é un cuadrado sinxelo, con luces standard pero cun son atronador. O que nos chamou a atención e que cada barra que había dentro estaba patrocinada por pubs da zona. 

 

Entramos á 01:00 hora española, a sala estaba aínda vacía pero decidimos quedarnos xa que estaba pinchando Miguel Rendeiro, un DJ moi coñecido en portugal e bastante seguido. Deleitounos cunha sesión tranquila cargada de microhouse para logo deixar paso a unha parte mais dura cargada de minimal con toques Techno. As mesturas exquisitas e a selección musical un dez xa que a pouca xente que había fíxoa bailar de comezo a fin de sesión.

Tócalle o turno os que para min son o gran dúo a ter en conta en Portugal, Freshkitos. Xa tivemos a sorte de poder velos no Neo Pop deixandonos un bo sabor de boca así que non dubidamos en seguir na primeira línea para gozar da súa sesión. Pinchando con controladora MIDI e Traktor fixeron que a xente seguira bailando, comezaron cun minimal bastante movido para rematar cun Techno sublime, cada bombo parecía que os arrays iban a estoupar. A sesión durou aproximadamente de 02:00 a 04:30.

Ó fin, o home mais esperado da noite aparece estabamos na fila de adiante cando de súpeto vese detras dos arrays ese flequillo loiro inconfundible. O seu técnico de son tardou uns minutos en conectar todas as máquinas que usa Hawtin. Para esta ocasión utilizou un dous Macs, un co Traktor para a selección de temas e o outro co software para usar o Maschine (un aparato para modificar os presets dos temas e poder xogar con claps, hats, bombos e demais...) todo esto conectado a xa a súa famosa Allen & Heath con duas controladoras MIDI Xone 3D. Comeza a sesión cun minimal moi serio, con toques percusivos en algúns momentos, mesturas sinxelas que pouco a pouco dan paso a unhas mais complexas, usando todos os efectos da súa mesa, ó pouco de comezar dende a pista xa notamos que Richie síntese cómodo porque á vez que está facer unha sesión seria dirixe sorrisos e xestos cara a xente, coma se houbera unha especie de feeling. Pasan os minutos e vaise metendo nun Minimal - Tech envolvente, mais duro do que soe acostumar, non tarda moito e usar o Maschine e nuha das  primeiras subidas longas da noite deixanos abraiado co xogo de loops e efectos desta máquina, facendo o que quere do tema e modificándoo coma se de un live se tratara. Tívonos 4 horas e 20 minutos viaxando pola súa música, levándonos a onde el quería, facendo unha sesión progresiva e estruxando todas as posibilidades das súas máquinas. Para min un dez para Hawtin pola seleccíon musical e actitude frente o traballo e a xente.

Rematada a sesión marchamos para a nosa terra pensando en cando volveremos a ver a este gran xenio da música, con bo recordo da sala e sobretodo da xente que tivo un comportamento exemplar. Este Venres volvemos de cabeza para ver a Marco Carola.

 

Se queredes ver o resto de fotos pasade por http://www.galizaelectronica.com/web/galeria 

 

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon