Crónica de Marc Marzenit en LeClub
Escrito por Lorena Iglesias   
Xoves, 10 Setembro 2009 11:45

entradaEste Sábado 5 tivemos o pracer de coñecer o clube de electrónica que está mais de moda en Vigo nestes intres, LeClub, situado en Serafín Avendaño, preto do centro da cidade. 

Chegamos ó clube e o primeiro que nos chamou a atención foi a entrada con deseños minimalistas moi orixinais. Un porteiro invítanos a pasar, o clube está repleto de xente e non é para menos, na cabina está un dos mellores produtores nacionais do momento: Marc Marzenit.


Antes de coller sitio adiante de todo, dámonos unha volta de recoñecemento ó clube. Ten unha pista bastante grande, a disposición da barra, cabina, baños e gardarroupa é moi acolledora, sentímonos como dentro dunha pequena familia. Mentres seguimos inspeccionando o clube comeza a sesión de Marc Marzenit así que decidimos poñernos adiante. Os primeiros temas de Marc son un Minimal moi seco, sin melodías, cousa que nos deixa moi asomados xa que el se caracteriza mesturandopor temas melódicos progressivos, para seguir co noso asomo está pinchando en CD, non coñeciamos esa faceta del pero a medida que vai avanzando o set déixanos claro que é algo que domina. O son de LeClub é excepcional, soa nitidamente, cun volume alto e uns graves perfectamente ecualizados.

Marc Marzenit vaise soltando e sentindo mais cómodo, empeza a arriscarse nas mesturas e o público responde ben, nótase unha conexión DJ-pista que poucas veces pasa. Déixanos xoias como Gui Boratto - Beautiful Life, Ignacio - Virton, Justice - Stress todo isto perfectamente mesturado con melodías marca Marzenit e por momentos con Techno contundente seguindo un patrón lineal.  

Remata o set e saímos cun sorriso de orella a orella, ledos pola música de Marzenit, agradecidos polo bo comportamento da xente, compracentes polo trato dos porteiros e camareiros que estaban atentos en todo momento e esperanzados porque facía falla un clube con boa programación mensual en Vigo. Este Sábado volveremos sen dubidalo que temos a outros dos grandes, Nacho Marco.  

En breves subiremos mais fotos no apartado: Galería 

 

 

 

 

 

 

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy