Chegamos a discoteca preto das 12 -hora portuguesa-, fora do recinto da sala xa se notaba un bo ambiente festivo con bastante presencia española. Unha vez chegamos a entrada onde o primeiro grupo de seguridade facía un minucioso rexistro, e pasábanche o detector de metais (costume nada estendida na Galiza e que se a tivéramos aforraría máis dun desgusto) rematadas as medidas de seguridade que son de agradecer para estar mais tranquilo unha vez dentro.
Xa dentro da sala dimos unha volta de recoñecemento, así como pola bonita terraza que a bordea. A terraza que da moito xogo nunha noite de verán para tomar algo tranquilamente sentado, xa que conta con barras propias para coller de beber ou de comer.
O primeiro dj que vimos actuar foi ó portugués Magazino, que realizou un set marcado polo minimal, facendo boas misturas longas e cunha técnica moi correcta. Pouco a pouco ía caldeando a pista e chegando mais xente.

Sobre as 3.30 púxose ó equipo o napolitano Marco Carola, fixo un set claramente marcado polo tech-house e minimal techno. Comezou un pouco suave pero os poucos minutos xa lle meteu contundencia ó set, no por momentos conseguía por a sala do revés cuns inmensos “subidóns” que parecían non rematar nunca. O largo da sesión puidemos escoltar referencias de Markantonio, Flavio Dias así como producións do propio Carola.
Características:
O son mais que suficiente e de calidade, gran potencia nos graves que facían sentir ben a música case dende calquera parte da sala.
Curiosidades:
A discoteca atópase nun alto, rodeada practicamente por fincas e algo de monte, e cunhas moi boas vistas .
En canto ó ambiente ó longo da noite foi moi bo, moita seguridade dentro da sala así coma na terraza. Había uns cantos reporteiros de Noite.pt facendo fotografías durante toda a festa.
En liñas xerais unha boa festa para recordar.
Consulta a nosa galería de fotos e a nosa sección de vídeos onde atoparas foto-reportaxe e vídeo-reportaxe do Evento.






Meneame
Chuza