Creamfields Vigo
Escrito por Alberto   
Luns, 08 Setembro 2008 13:45

Treme Vigo e treme Galiza.

 


Despois de moitos días de espera e nervios a que chegara a Vigo o maior festival de música electrónica de tódolos tempos cun cartel impresionante: Isis, Rex The Dog, Agoria, Tiga, The Chemical Brothers, Vitalic live!, James Holden, Richie Hawtin, Derrick May e Angel Molina e a pesar que un par de días antes anunciaran a baixa do cartel de: Alexander Kowalsky, Marc Marzenit, The Requesters e Buenavista. Pero algo pasou, despois deste festival un antes e despois marcou as vidas de tódalas persoas que pasaron polo Creamfields Vigo, xa nada volvería a ser como antes.

Xa que todo o equipo de galizaelectronica.com que ían acudir o Creamfields Vigo ou ben era de Vigo ou dos arredores chegamos todos bastante puntais, ás 17:00 en punto xa estabamos fora do IFEVI para ver o ambiente. Pouco a pouco ían chegando máis persoas o aparcamento onde nos tiñamos que conformar ca música que puñan algúns nos seus coches para ir quentando o ambiente.

 

Creamfields Vigo

 

Son ás 17:30 todos para dentro que vai empezar Isis! A medida que vamos subindo xa se nota como vai chegando mais xente, pero aínda estaba tranquila a cousa, non había problema para entrar, así que aproveitamos para ver ben todo antes de que empezara a chegar a multitude e disfrutar ca sesión de Isis.

 

 

Os horarios dos deejays foron bastantes puntuais, así que ás 19:00 despois de estar pinchando Isis comeza Rex The Dog e o ambiente xa empeza a animarse máis!

 

 

Vaia.. parece que despois dun par de horas saltando sen parar empezamos a ter algo de fame, así que vamos a tomar o aire un pouco e a xantar, iso si, todo rápido que hai que volver a dentro que vai empezar Agoria, pero igual non todo o mundo puido entrar, mirade a foto..

 

Creamfields Vigo
"Queremos entrar!! aceptamos donativos, poquito a poquito se hace el caminito"

 

20:30 Todos e todas dentro? Perfecto. Comeza Agoria deixando o listón bastante alto para o seguinte deejay que sería Tiga.

 

 

Algunhas fotos do personal de galizaelectronica.com e amigos:

Creamfields Vigo Creamfields Vigo

Creamfields Vigo Creamfields Vigo

22:00 Parece que isto xa esta cheo, comeza Tiga!! Como se podía esperar, tod@s empezan a saltar, espectacular sesión.

 

 

Chega o prato forte, correndo a primeira fila para poder ver todo ben, 23:30 The Chemical Brothers! creo que se pode dicir que foi unha obra de arte o que fixeron, a xente non deixou de saltar e saltar..... fantástico.

 

 

 

V-I-T-A-L-I-C! A xente xa empezaba a gritar!! 01:15 Vitalic marca un fantástico live! E a xente comezou outra vez a saltar!

 

 

02:15 James Holden un dos esperados tamén xa que non se deixa ver moito por estas terras. Comeza unha sesión moi tranquila como é o seu estilo habitual, non defrauda os seus seguidores xa que mantén a súa selección musical tan característica que o fai inconfundible.

 

 



3:45 Richie: como sempre demostra que esta a outro nivel. Comeza cun son atmosférico para deixar paso o minimal con esa pegada tan persoal, a xente non para de bailar. Que capacidade de improvisación, fai mover a pista como el quere, dominando o publico.

 

 

05:35 Derrick May o representante de Techno por excelencia no festival. Comezou seguindo a liña que lle deixou Richie pero pouco a pouco foi-se mergullando no seus sons de Detroit. Unha excelente selección musical. Deixounos claro porque é un dos máximos representantes da cidade do motor.

 

 

07:00 Angel Molina: ultimo artista do festival, a xente esperaba ansiosa como ía a ser o peche. Comezou cun Techno con baixos secos e sen melodía. Progresivamente baixou a dureza da súa musica, sempre ca calidade que caracteriza a Molina, un dos dj´s españois mellor valorados.

 

 

Agradecerlle a Adri Per que nos pasara alguns vídeos do festival!

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon