Reportaxe Time Warp 2010
Escrito por Lorena Piñeiro   
Xoves, 08 Abril 2010 11:30

Un dos eventos máis famosos de Europa é o xa coñecido Time Warp. Este ano celebra xa a súa 16ª edición en Mannheim (Alemaña) contando cun impresionante cartel cos mellores artistas nacionais e internacionais e coa presentación en exclusiva do novo Live! De Richie Hawtin aka Plastikman.

Reunindo a máis de 45.000 persoas de toda Europa o evento realizábase no Maimarkthalle, o recinto contaba con 5 pistas, unha zona chill out e diferentes espazos para obter comida e bebida.

Debido o cambio horario, cando entramos ó recinto xa eran as 3, e nos diriximos directamente a pista 5 na que se atopaba Karotte,  era a sala mais pequena pero a que mais se asemellaba a un clube. Karotte estaba facendo unha sesión de minimal-techno moi progresiva coa que a xente estaba gozando.  O alemán xogaba moito cos bombos e facía bailar e saltar á xente, un “warm up” excepcional para as 4.30 deixar paso o versus entre Laurent Garnier & Scan X.  Estaba espectante por  ver o que facía Laurent Garnier, porque o horario que tiña non me parecía moi adecuado con el, polas veces que o vira realizar un Live! era algo mais “light” e Karotte puxera a sala patas arriba tan só había uns intre. Non levaban nin 10 minutos actuando os franceses e xa estaba “boquiaberta” pensando, “Este non é o Laurent que coñezo”, estaban facendo unha sesión moi contundente  e moi bailable. Ó rato Laurent,  sacou da maleta o seu mítico tema The man with red face, e toda a xente comezou a asubiar e aplaudir.

Time Warp 2010

Como aínda quedaban moitas horas de festa decidimos ir a ver o que estaban facendo o resto dos dj’s. Acercámonos ata a sala 2 onde estaba Sven Väth, para a miña decepción, estaba facendo o mesmo que fixera a noite anterior en Cocoon, facía mais caso ós seus amigos cos pratos, e marchamos correndo. Fomos ata a zona 3 da man de Marco Carola, onde estaba facendo brincar a todo o persoal con un gran set de techno e cando nos dimos conta faltaban 15 minutos para que comezara o mais esperado da noite, Plastikman, cambiamos de volta para a sala 2 para coller sitio.


A zona 2 estaba preparada para a gran actuación, contaba con 3 grandes paneis  móbiles de LED e outro panel en semicírculo de LEDs onde se atoparía detrás o gran Richie. Pasadas as 8 comeza cunha gran espectación, tanto a sala 1 coma a 2 estaba repleta, o Live! de Plastikman.


O dj canadiense estaba oculto tralo panel de LEDs e non se deixou ver en todo o tempo que ali estivemos, só se podía apreciar ás  veces a súa silueta. Unha mistura de sons sintetizados acompañados dun bombo , no  que ás veces subía de bpm’s pero non máis de 30 segundos.  Todo o mundo esperaba algo mais bailable, con algún que outro “subidón”, pero isto era diferente. Foi unha gran actuación, tanto musicalmente como nas visuais, aínda que o horario non era adecuado porque era algo pausado, persoalmente creo que se fora a unha hora mais cedo  sería un gran espectáculo.


Aínda que Richie non había rematado, decidimos ir a ver o peche  de Laurent Garnier & Scan X, a sala ó ser de cristal entraba toda a luz do exterior e podíase apreciar o ben que o estaba pasando Laurent Garnier e toda a xente que alí se atopaba. Soaron tanto temas moi melódicos  como o Age of Love,  Funky  e  o You make me feel.


Eran xa as 10, suposta hora de peche, e puxo  o seu tema Crispy Bacon, todos comezaron a gritar, aplaudir, e ata Karotte, que alí estaba tamén animando o cotarro, subiuse a unha plataforma a bailar, viñeron avisar por varias veces que tiña que rematar que xa se pasaba da hora, Laurent agradecía cun sorriso  polo micro e dicía que tiña que terminar, pero ninguén quería que aquilo rematara. As 10.45 puxo o último tema, The man with red face outra vez, todo o mundo incluído Karotte que seguía enriba da plataforma bailando empezaron a aplaudir e o rematar a xente comezou a “lolear” o tema de Seven Nation Army, moita xente comezaba a marchar, pero de repente Laurent Garnier dase media volta comeza a buscar e pon un cd, ¿cal é para a sorpresa de todos?  The White Stripes – Seven nation army, o momento máis máxico da noite, todo o mundo a cantar, saltar, gritar, bailar,… e Laurent como non, co seu sorriso agradecendo a todos, o terminar aínda se parou a firmar os libretos do Time Warp e a falar coa xente.

Time Warp


Xa eran as 11, optamos por ver o que facían o trío Villalobos-Loco Dice-Carola, pero aínda estaba Dubfire pechando co seu mítico tema Diablo, escoitamos 15 minutos pero decidimos ir para casa, que aínda nos quedaba un largo camiño.


Era a primeira vez que ía o TW, pero seguro que non será a ultima, saín de alí cun bo sabor de boca, tanto de organización como musicalmente, a pesar de que algúns “cabezas de cartel” estean moi sobrevalorados como Villalobos e Sven.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy