Despois de unha non corta espera, pola cal disculpámonos con todos vos, chega o momento de publicar a crónica do UP Festival, celebrado o pasado 4 de Abril no ExpoCoruña de A Coruña. Un evento esperado por moitos clubbers, pois colocaba en pleno centro da cidade, un festival cun line-up conxugando estrelas consagradas e xente da casa.
A iso das 19:30 entramos e fomos a recoñecer o territorio. Collemos a man esquerda así que o primeiro que nos tocou ver foi o que sería a zona 2, situada no medio dun corredor bastante estreito, aínda que eu temíame algo así porque o Palexco non dispón de salas para este tipo de eventos. Demos rapidamente a volta e dirixímonos a descubrir o que tiñan montado para a Main porque eu, persoalmente, tiña bastante curiosidade.
Ao ver o que sería a zona principal a verdade é que a primeira impresión foi boa. Como había pouca xente puidémonos situar bastante adiante e gozar un pouco da sesión de Grobas, que a min persoalmente gustoume moito.

Despois tocoulle a quenda ao amigo Aquilina e moi bo live, animadísimo. A verdade é que foi o artista que máis goce tanto pola música como pola cantidade de xente, que como aínda era pouca, a sauna aínda non había comenzadoa funcionar. Reseñar que a organziación puxo a disposicións de todos nos, tv onde emitían o que estaba sucedendo na cabina.

Despois veu a quenda de Marzenit e a verdade é que o progressive-house nunca foi un estilo que me enganchase nunca. Tamén é certo que dende fai máis ou menos un ano para acá, o catalán tende a meter máis temas con sons máis aleixados do progressive-house e máis cercanos ó tech-house; algo que os seus seareiros lle critican non poucas veces nos últimos tempos.
Posteriormente volvemos á zona 2 para vernos o live de Subsótano e recuperar un pouco de aire porque na Main xa comezaba a ser insoportable. Musicón que puidemos escoitar a unha temperatura idónea e cun son bastante aceptable aínda que a imaxe que daba a andrómena que montaron alí era un pouco insultante, aínda que as cousas como son, o lugar era moi bonito, con vistas ó mar...pero o Palexco non dá para máis!! Ten a forma que ten, as súas virtudes e os seus defectos. Quizas non sexa o sitio máis adecuado para este tipo de eventos. Vimos o comezo de Pikallo & Hanfry y fuximos de nuevo ó inferno, de volta á sala principal.

De Cattaneo, que cando chegamos xa estaba pechando a súa sesión, non podo comentar nada. Básicamente porque non o vin máis de 10minutos. De tódalas formas non é o meu estilo predilecto, é por iso que aproveitamos a súa actuación para descansar e facer a xa comentada visita ó dúo vigués Subsótano.
E pola sala principal apareceu a señorita Tania Vulcano. Non necesita moitas presentación. A dona de CircoLoco ten unhas limitacións enormes técnicamente falando; pero se disfrutas co tan manido “tech-house”, só queda recoñecer que ten unha maleta de moitos quilates. Dúas horas de sesión moi animadas.

Xa para finalizar apareceu Il Capo no escenario e vimos o seu set de principio a fin. Momento complicado o falar de Marco Carola. De tódalas veces que vin a Marco na súa faceta minimal, endexamais chegamos a conectar. Paréceme sempre que fai sesións moi previsibles, os temas que solta son sempre moi similares uns a outros. As mezclas, por suposto, milimétricas. Podería facelas milimétricas a oido, pero con unha controladora...¿qué vos imos contar?
As cousas como son. Posiblemente fose o artista que máis gustou ó público en xeral que estaba o pasado 4 de Abril no Palexco.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza