Toca falar da última festa 981 vivida no Playa Club de A Coruña o fin de semana pasado, no que, como xa vos comentáravos, recibíamos a visita do estadounidense Morgan Geist. Un evento moi apetecible para calquera catador de electrónica que se prece.
Este evento 981 coincidiu con outra festa electrónica na comarca, o que condicionou de algunha maneira a cantidade de xente; máis sendo sinceros, conseguiu un ambiente para gozar da música excepcional.

Así as cousas, Grobas comezou a súa sesión pasados uns minutos das dúas da madrugada, lanzando a unha pista aínda bastante valeira, tracks para ir quentando o ambiente. Como xa temos comentado nalgunha que outra ocasión, o son da boite do Playa Club é máis que suficiente para poder apreciar os matices dunha boa sesión, así que a pista seguiu enchéndose de xente pouco a pouco, ate que a iso das catro e media púxose o americano ós pratos. Dende o primeiro momento soubemos que non se ía dedicar a un único son.

Dende clasicazos de house chicago, pasando por temas Cosmic, moito deep e tamén un bó recital de vocais, conxugaron un set de moitísima calidade, tanto na parte técnica como musical. Quizás nalgún momento da noite botárase en falta algo máis de groove, para animar ó persoal, pero para nada desmerece a actuación de Geist.
Grazas á organización polas facilidades prestadas.
Fotografías de Javi Alvedro para GalizaElectrónica.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza