Reportaxe de Wagon Cookin no Mondo
Escrito por Lorena Iglesias   
Martes, 25 Maio 2010 14:55

Como xa anunciamos o Venres, o Sábado estivo en Vigo un dos dúos máis coñecidos do país por concursar no programa de talentos do canal Cuatro.

Galizaelectronica.com estivo neste evento, en primeira fila, para contarvos con todos detalle como foi o life de Wagon Cooking e o ambiente que se respiraba na sala, un cartel máis que apetecible xa que na pista de abaixo pinchaba Rubén Martínez ca súa faceta Techno.

 

 

Chegamos ó local sobre as 01:00, tíñase previsto que o live comezara a esa hora. Puxémonos na pista e aínda os técnicos de son estaban a conectar as máquinas de Wagon Cookin, non había presa xa que a pista aínda non se estaba a encher. Pouco a pouco iba chegando xente, de fondo soaban temas chill out e ambientales para non deixar en silencio á sala.

Sobre case ás 02:00 suben Wagon Cookin o escenario e comezan a actuar, a pista pouco a pouco baise cara diante e énchese de súpeto. Comezan actuando como set, bastante parados e con pouca pegada, soan un par de temas funky dos anos 80 para darlle vida á pista e progresivamente van avanzando a velocidade do seu set e a contundencia.

 

 

Aproximadamente á hora de comezar o set parece que o Live xa está en marcha, mentres un deles pon temas, o outro utiliza unha Akai APC40 para traballar co Ableton. Wagon Cookin logra meternos de cheo no seu Live, poñendo temas envolventes e contundentes, sempre marcados por unha melodía. Co calor que facía na main, decidimos baixar un anaco a Submondo para ver a Rubén Martínez. Sen dúbida alí estabase mellor porque había menos xente e a temperatura era máis agradable. O primeiro tema que escoitamos de Rubén foi o clásico Laurent Wolf - Esa Boca Linda, para despois dar paso a house tribal e rematar por un Techno contundente. Subimos outra vez á pista main para rematar de ver o Live de Wagon Cooking, non levamos sorpresa porque seguía ca súa línea, eso sí, con melodías con toque electro.

 

En resumo: pasámolo moi ben grazas a música de Wagon Cookin, aínda que lles costou arrancar. A seguridade da sala ben coma sempre, os/as camareir@s atentos e rápidos. A única pega foi a temperatura da sala, xa que por momentos parecía unha sauna.

 

Esta festa foi organizada por GoodVibes, a seguinte será o 12 de Xuño na mesma sala con Freshkitos e Subsótano. Esperamos verte alí !

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy