Superada a resaca do primeiro Sonar Galicia, pasamos a repasar, día por día, o que deu de si este festival tan esperado por tódolos clubbers, tanto de Galicia, como demáis zonas da xeografía Ibérica, e aínda máis lonxe, pois non era difícil atoparse con algún que outro extranxeiro, acudindo a coñecer Galicia coa “escusa” do SonarGalicia.
O festival comezaba o Xoves con David M poñendo o que acostuma nas súas sesións: algo de IDM, dubstep e demais ritmos rotos. O Sonar comezaba cunha das súas señas de identidade, soando aqueles tipos de música máis minoritarios, o máis afastados do “mainstream” posible.
Despois da sesión do Coruñés, era o turno da dama de Ed Banger, Uffie, a artista máis popera do mítico selo francés de música electrónica dirixida por Pedro Winter. Foron dúas horas nas que soaron no SonarVillage todo tipo de sons electro-pop, que non deixaron a ninguén indiferente.

Logo, a iso das oito da tarde, tería lugar a actuación do dj e productor John Talabot. Puro house o que nos brindou este catalán no que sería o hemisferio da primeira xornada do Sonar. Soaron moitísimas das súas produccións, por suposto a xa mítica “Sunshine”. Algún que outro guiño á musica disco, pero sobre todo baseando a súa actuación no house chicago e no auténtico deep house.
Logo foi o turno do grupo neoiorquino LCD SoundSystem. O bo, se breve, dúas veces bo. Algo que quedou patente no seu contundente directo. Os Neoiorquinos tardaron en arrincar debido a problemas técnicos, pero unha vez solucionados, meteron a quinta e transportáronnos a un directo vertixinoso. Unhas 3.000 persoas xuntáronose nese momento para bailar, e quedaron afónicas, coreando practicamente a totalidade dos temas. Traían debaixo do brazo novo disco, This is Happening, asi que era a ocasión oportuna para presentalo. Así caeron os mellores temas do álbum como a vacilona Drunk Girls, a archicoreada e melancólica Can change, a impresionante You wanted a hit, ou a rítmica e bailable Pow Pow que converteu o escenario SonarVillage de Expocoruña nunha pista de baile do máis alto nivel. E como era o sentir e desexo xeral do público, tamén houbo miradas atrás, tempo para revivir en directo temazos clásicos da banda como Daft Punk Is Playing In My House.

Para pechar a primeira xornada de SonarGalicia, subiuse Grobas ó escenario, e para un servidor, acostumado como o está a escoitalo cada poucos meses, pereceulle que non foi a súa mellor sesión, bastante desordenada, como sen moita conexión entre un tema e outro; pero de tódalas formas, fixo bailar ó persoal, que é do que se trataba ó fin e o cabo.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza