Reportaxe da segunda xornada de SonarGalicia
Escrito por Martin NoMore   
Xoves, 01 Xullo 2010 15:05

Na segunda xornada deste Sonar Galicia, e despois do bailado ou día anterior, tocaba preparase para o que ía ser unha xornada de infarto, coa visita por primeira vez, de Laurent Garnier a Galicia. Máis non o faría el só, non, senón que acompañado da súa banda de músico e con algunha que outra sorpresa.

Así as cousas, foinos imposible achegarnos antes de ata case a metade do set a cargo do Dj coruñes coñecido coma Fat Fish entregando unha sesion de dubstep e variados, con moitos ritmos rotos coma sempre acostuma a ofrecer nos seus sets.


A posterior pasamos a actuación de The Slew featuring Kid Koala coa súa mestura de turntablism de varios dj's fusionándose co grupo formado polo batería, baixo e guitarrista; e tamén as veces cos sons de piano. Unha forma de fusionar ou mundo do scratching cos sons algo mais tradicionais da musica dando lugar a un formato moi peculiar de expresión sonora en directo.

Xa pasadas as dez e media da noite fixo a súa aparición o tamén coruñés Dj Fake Robotique que fixo un set tirando o techno old school se cadra demasiado contundente dado o momento da noite no que fixo a súa actuación.

Poñémonos nas once e media, un dos momentos esperados por moitísima xente dos que alí estábamos. Fixo a sua aparición o británico Matthew Herbert. No escenario había unha tenda de campaña, típica Quechua, xunto con unha escada rodeada de lámpadas. Quizais para moitos dos asistentes foi un pouco frustrante a súa actuación pois quizais non se esperaban algo tan experimental coma o que nos amosou Mathew presentando o seu novo album "One Club" no que amosaba moitos sons que foron gravados no mítico local alemán Robert Johnson. Sen dubida a súa actuación deixou o publico atónito tanto para ben como para mal. Desafortunadamente quizais non soaba todo o ben que podía e iso tamén influenciou a apreciación do seu directo tan singular que rematou subido a unha escada premendo as luces e amosando unha especie de corda para tende-la roupa onde se podia distinguir o nome do seu album "One Club".

Xa pasada a media noite, arredor das doce e media, fixo aparición outro artista local. Dj Ino que fixo un warm up moi apropiado de cara a gran actuación da noite. Mostrounos o seu son house característico nel, ergueu a xente e foi animando a noite xa mais de cara ó baile facendo gala da súa gran experiencia tralos vinilos e dominando eses sons deep que tanto lle gustan.

E con isto chegamos á unha e media, o momento clave da noite. Un momento que se levaba esperando na nosa terra durante moitos anos e que se nos resistiu en mais de unha ocasión na que soara este nome nalgún festival pasado. Chegou un dos grandes dj's mundiais, esta vez acompañado da súa banda coa que esta de xira neste tour Tales of a Kleptomaniac.

Apareceu Laurent Garnier e a xente danzou baixo a súa tutela dende o primeiro momento nesta hora e media de directo no que non faltaron moitos dos seus clásicos de sempre. Dende o Crispy Bacon ata o The Man with the red face, mención especial neste tema tanto para o saxofonista coma para o pianista que se marcaron un man a man en directo espectacular. Todo iso mesturado con grandes momentos de dubstep co track No musik, no life. Momentos de drum n' bass con Pay tv. Todo isto acompañado os mandos do tamén francés Scan X, artista co que colabora dende xa fai moitos anos e que o acompaña neste tour. Pese a que quizás lle quedaba algo corto este SonarVillage, Laurent deu coma sempre o cento por cento na súa actuación e fixo o deleite de todos. O listón quedou moi alto para o que sería o colofón deste venres.

Xa para rematar a xornada deste venres tocaba a actuación de Dj Sasha que fixo gala da súa precisión e impartiu un set de progresive house contundente e dinamico. Moito subidón e a xente xa completamente entregada ó baile. Un venres que sen dúbida tivo un claro protagonista sen menosprezar a todo-los demais, e ese foi Laurent Garnier sen dúbida algunha .

Por último, dar as grazas, de parte de todo o equipo de GalizaElectrónica, a Ales Pardo por esta fabulosa reportaxe da segunda xornada de SonarGalicia.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy