
Segundo día de festival. Aínda que as nubes nos deixan algo de tregua, a temperatura non alcanza á do día anterior, complicando así o uso do recinto acuático. Non todo é negativo, pois nos espera unha xornada cargada de boa música na que intentaremos ver os máximos artistas posíbeis e co tempo necesario para contemplalos.
Comezamos a tarde cá cita obrigada con Âme, a súa sesión foi un presaxio do que ía a soar durante o Sábado na carpa azul, Tech-house contundente e cheo de groove. A técnica excelente, mesturas perfectas, a selección musical facía lembrar ó tech-house máis vendido de Beatport aínda que nos deixou algún tema con calidade como Oleg Poliakov – Caravan, de seguido, intentou tirar para un Tech-House máis culto, de fusións con instrumentos como saxo, guitarra eléctrica e violín pero o seu set xa estaba a rematar.
Decidimos non movernos daquela carpa, o son estaba perfecto e os futboleiros deixáronnos máis espazos para poder bailar ás nosas anchas. Aparece no escenario Anton Pieete, que decide desenrolar a sesión de forma doada, con temas Tech-House bailables e subidóns dos largos para facer que a xente toleara, non variou o estilo, e as súas mesturas, subidas e efectos parecían as mesmas durante case 2 horas, música sinxelo e repetitiva.
Son case as 11:30, para nós chega un dos momentos esperados da noite, ós pratos ponse Oxia, sen ningunha necesidade de montar nada dixital e simplemente cunha mesa e dous Technics, comeza a súa actuación, na liña que deixara Anton Pieete. Oxia e a súa técnica perfecta déixanos abraiados, a pesar diso, tomamos a decisión de ir tomar un pequeno descanso xa que a selección musical volvía a ser Tech-House sen pouco que amosar.
Volvemos a entrar ó festival para ver a Reeko, fomos directos cara o seu escenario e nos atopamos cunha Fatima Hajji pasada de revolucións (para o noso gusto), esperamos 5 minutos para ver se comezaba o Live de Reeko pero Fatima alongábase e non aguantábamos máis o ritmo ultra rápido do seu “Schranz”. Pasamos cara o escenario vermello e nos atopamos a un tranquilo Justin Robertson, poñendo electro pop con toques dos 70 e 80. Asomámonos un momento para ver que se cocía no escenario verde e xa estaba Reeko cos seus aparatos, xa se sentía na atmósfera esas intros tan persoais que usa nos seus Lives creando ambiente e metendo a xente nos seus sons. Coma sempre Reeko sen faiar, fiel o seu estilo e a súa música, dando sempre todo de si mesmo, mágoa que o son xa non acompañaba, cada grave que soltaba o asturiano, era un maltrato para os nosos oídos, non se diferenciaban as melodías e todo se distorsionaba sen poder case distinguir uns temas doutros.
Démoslle outra oportunidade a Oxia e nos achegamos ó escenario azul, estivemos un bo anaco escoitando o que nos podía ofrecer pero a selección musical seguía sendo a mesma, temas sinxelos e ningunha melodía para poñer algo de sentimento, o único tema traballado que puxo foi o seu coñecido Oxia – Domino, momento no que a xente toleou máis do que estaba.
Picábanos a curiosidade do que estaba a facer Redshape e alá nos fomos, a verdade e que non podería describir a súa sesión porque o son seguía dando problemas, ante esta situación, marchamos para ver a Danton Eeprom. Dante, estaba a pinchar a non máis de 124 bpm, aínda así o seu Live estaba a ser moi bo, música bastante escura e chea de misterio, para pechar a súa actuación puxo o aquí coñecido La Mort Au Large mesturado co Grindhouse, remix de Dubfire.
Tócalle a quenda a Blackstrobe, coma sempre, impresionantes en directo, tiñamos ganas de quedarnos alí pero tiñamos unha cita obrigada ó carón, Dave Clarke. Puxémonos cara o medio do escenario verde que era onde mellor se escoitaba, aínda que os graves seguían a ser imposibles de adiviñar, a cara de Dave non nos deixaba adiviñar se estaba a gusto ou estaba a ter problemas, home serio onde os haxa. Comezaron a soar temas dos que sempre pon, sen ofrecer nada novo, iso si, efectos e técnica espectaculares. Ante o son de baixa calidade e que a oferta musical desa hora non nos chamaba demasiado atención, decidimos marchar, os 2 días de festival estaban a pasar factura.
Quedounos pendente por ver a actuación de Fred P, que foi un dos triunfadores na noite, aquí vos deixo a crónica do que foi para o meu compañeiro Martín esta sesión:
"Pasada a medianoite, era a quenda de pasarse pola carpa máis pequena do festival, a carpa branca, que durante os dous días mantivo unha afluencia de público moi modesta que dende fora non invitaba moito a achegarse, pero se o facías corrías o risco de non poder saír, como así nos pasou a nos. Atopábase nese momento Fred P comandando a carpa, para algo máis de medio centenar de persoas, cifra que se mantería constante durante case toda a noite. Sabíamos de sobra que este tipo de Brooklyn producía un deep house de infarto, sobre todo baixo o seu pseudónimo Black Jazz Consortium e sabíamos tamén que acostuma a liala (para ben) en directo por distintas recomendacións; o que non imaxinábamos era que este neoyorkino ía xogar con nos da maneira da que o fixo. Este home de carácter afable (tivemos a posibilidade de compartir unhas palabras con el) e rostro impasible, parecía non inmutarse mentres nos agasallaba ós presentes 6 horas de auténtico house chicago, deep e algún que outro tema ácido, que saían deses impresionantes altofalantes Void Acoustics coma se de música celestial se tratase. E foron 6 horas porque o seguinte artista que debería actuar, Patrice Scott, non pudo facelo por problemas cos avións. Esta nova, que nun primeiro momento foi un pau, pois tiñamos moitas expectativas na súa sesión, esquecéusenos por completo cando nos enteramos que Fred seguiría ata a hora anunciada de peche da carpa branca, isto é, as 4 da maña, que na práctica aínda foi mais tarde polo atraso que levaban tódalas carpas. De esta maneira, aquela carpa que non invitaba moito a meterse nela, por aquelo de que sempre estaba baleira, foise convertendo, co paso das horas e baixo a batuta de Fred P. no máis semellante a un clube que un podía encontrar no festival."



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza