A pasada fin de semana chegou a Vigo un festival vangardista chamado Vigo Transforma que daría comezo o 2 de xullo ca súa programación de "vasos comunicantes", que foron unha serie de actividades e espectáculos repartidos por toda a cidade.
Un exemplo destes actividades foi "Migrando a Linux" organizado por Olho Libre do Instituto Camoes de Portugal, no que se darían a coñecer ferramentas no campo do traballo audiovisual e que foran de Software Libre, tamén hai que destacar o "AQUÓFONO", proxecto do dúo Parto (Patxi Valera e L.A.R. Legido) iniciado no ano 2002 e desenvolvido a partir dun paradoxal xerador de son cuxo funcionamento está baseado en auga e electricidade. Podedes consultar toda a información sobre os vasos comunicantes aquí.

Estivemos presentes nos concertos que tiveron lugar no Porto de Vigo os días 9 e 10 de xullo no cal pasaron artistas como: Love Of Lesbian, Orbital, Os Mutantes, Delafé y Las Flores Azules, Triángulo de Amor Bizarro e unha longa lista que vai dende pop-indie até electrónica, pero nós só imos a centrarnos nos artistas de música electrónica:
O festival estaba repartido en dous escenarios: o escenario Heineken e Xacobeo, os artistas non actuaban simultaneamente senón que primeiro actuaba un nun escenario e logo outro artista noutro escenario, dando tempo así a que o seguinte grupo puidera preparar todos os seus instrumentos a tempo, de forma que as actuacións foran sempre no horario marcado pola organización.
A primeira cita que tivemos foi o venres ás 21:30h da noite dende Reino Unido con THE XX no escenario Xacobeo, no seu estilo de sempre, con vestimenta negra tocaron algúns temas como: VCR ou Heart Skipped a Beat entre outras moitas, pois a súa actuación duraría aproximadamente uns 30 minutos. A resposta do público foi a normal pois o seu estilo indie experimental, non chama demasiado ao baile, senón máis ben a entrar nun estado de trance para abrir todos os sentidos e apreciar ben a súa música.
Ese mesmo día á 01:15h chegaba a nosa segunda cita tamén no escenario Xacobeo cos esperados MIIKE SNOW, unha banda Sueca de pop electrónica no que o deejay Sebastian Ingrosso fixo unha mistura do tema "Silvia".
A súa saída ao escenario foi bastante tranquila, con vestimenta negra e máscaras brancas que logo tirarían. A medida que pasaba o tempo ían facendo que cada vez máis público bailara con temas do seu novo disco como: "Burial" e o seu novo éxito "Animal" para rematar, que obviamente foi un un dos momentos máis esperados pola xente para gozar da súa actuación.

O segundo día de festival, teríamos a primeira cita nada máis e nada menos que con ORBITAL no escenario Xacobeo ás 23:00h. A súa actuación sen dúbida era unha dos grandes do Festival pois antes de que rematara a actuación do anterior grupo no escenario Heineken xa había xente póndose en primeira fila para non perder nin un segundo da súa actuación. E podemos dicir que non defraudaron; o escenario quedou en negro, de súpeto unha pantalla con liñas brancas e negras como cando a tv queda sen sinal e cun forte ruído de distorsión saíron dos altofalantes, a xente por uns momentos quedou sorprendida e nese momento saían os grandes, comezaba ORBITAL co seu "Lush 3-1" ou "Halcyon & On & On" e como non podería ser doutra forma, tamén puxeron o seu clásico SATAN, no que toda a xente comezou a saltar e bailar até que a súa actuación rematara.

A 1:00h tocáballe a quenda a Fischerspooner no escenario Heineken.
Creo que podo falar en plural e dicir que nos colleu a todos cunha gran sorpresa cando miramos que están facendo un "dj set", cunha botella de champang encima da mesa que posteriormente sería usada para mollar aos asistentes máis pretos ao escenario e unha botella de Whisky na que non pararon de beber durante toda a actuación. Comezaron con temas que parecían máis de sintonizar unha radio comercial como Máxima FM, posto que puxeron o clásico "Miami Beach" entre outros moitos. O resultado foi caras de sorpresa polo que estaba pasando e xente bailando, aínda que ao longo da actuación toda a xente estaba bailando cos seus temas aínda que nós dubidamos de que as cancións deles con letra, foran cantadas en directo, posto que ao final da actuación podíase apreciar como o cantante non colleu o micrófono mentres soaba un tema deles que debía ser cantado.
O seu "dj-set" non foi mellor, que sería realizado pola súa compañeira na que a maior parte dos temas entraron bastante mal misturados non só por técnica, senón tamén porque non estaban ben seleccionados e unha vez máis o cantante só se acercaba ao portátil e aos dous pratos cando o cámara que había no escenario quería gravar as súas misturas.
Para rematar tocáballe a quenda a CAINO (Arkestra) deejay e produtor de Vigo e visuais ao cargo de Zinqin Visuals




Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza