Onte celebrouse no Playa Club de A Coruña, unha nova edición das festas 981, todo un referente no que a música electrónica en Galiza se refire. Pola cabina do Playa Club teñen pasado durante estes últimos anos artistas que non precisan presentación como Carola, máquinas do techno mais espiritual como Octave One, ou apostas como Guido Scheneider ou a recente visita do funkyman Morgan Geist. Esta vez era o turno de Michael Vater, coñecido na escena como Phonique. Moitas eran as esperanzas postas nesta velada, que como veredes, non defraudou en absoluto.

Novamente, e como ven sendo habitual nos últimos meses, esta 981 celebrouse na zona Boite do Playa Club. A velada comezou a iso das dúas da mañan, máis non sería ata case as duas e media cando o equipo de GalizaElectrónica entrou no local. Como de costume, ambente xenial unha vez dentro, respírase respeto, gañas de pasalo ben, disfrutar coa música e con todo o mundo que che rodea; e como de costume tamén, Grobas abrindo a noite, quentando ó persoal para recibir a Phonique nas mellores condicións. Esta vez Grobas optou por facer un set totalmente deepero, previndo o que Phonique ía facer logo del. Foi unha sesión levada con calma, de menos a mais e soltando polo seu MacBook unha serie de temas deephouse de motísimos kilates. A noite prevíase apaixoante.

Un pouco antes das catro e media da madrugada, púxose en acción o alemán Phonique. Atraviado cunha gorra que non se quitou en toda a noite, e deixando a un lado a combinación mac+traktor para utilizar dous cdj Pioneer, Phonique dedicouse a facer bailar ó persoal durante duas horas, que a un servidor, pasaronselle en pouco máis duns minutos. Comezou descolocándonos un pouco, cando un dos seus primeiros temas foi o tan manido últimamente No Worries de Butch. Escoitando as súas produccións, tanto as que saca no selo berlinés Dessous como para outros, tiñamos a impresión antes de comezar de que o seu set estaría enfocado á pista de baile, si, pero a base de deep; máis decidiu alternalos con algún que outro tema de tech-house, para acabar de conxugar un sesión do máis bailable, divertida, e porque non dicilo, seria. Ademáis da súa selección musical, na que deixou caer unha remestura de Vacaciones en Chile ou o mítico e imperecedero Strings Of Life, Phonique deixou mostras da súa boa técnica. Sen dúbida, unha moi boa noite, unha 981 que quedará para o recordo de tódolos os que alí estivemos.

Dar as grazas á organización polas facilidades prestadas, e dende aquí avisamosvos da próxima 981, que será o 7 de Agosto e contará coa visita de Gabriel Ananda. Recordar tamén que só un mes despois (esta xente non descansa) celebrarase o 981 Festival, que conta, polo de agora, e a falta de mais incorporacións,con Gilles Peterson, Theo Parrish, Hudson Mohowke e Crystal Fighters.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza