Reportaxe do primeiro día da MMC
Escrito por Alberto   
Martes, 03 Agosto 2010 17:38

Este fin de semana tivo lugar en Portugal a Midsummer Music Conference, durante os días 30 e 31 de xullo en Pòvoa de Varzim tivemos a oportunidade de asistir a conferencias, feira de negocios e actuacións de deejays. Un evento por todo o alto que viu para marcar un antes e un despois na música electrónica en Portugal e sobre todo para por aos artistas lusos no mapa mundial da electrónica, pois este festival é das mesmas características que a Winter Music Conference (Miami), Rio Music Conference (Rio de Janeiro) ou  a Amsterdam Dance Event (Holanda).

Entrada MMC

Situado no complexo do "Hotel Santo André" con piscina,  pegado ao océano atlántico cunha enorme praia e ocupando tamén os terreos situados ao seu arredor  celebrábase a primeira edición da MMC. Un lugar preparado para 10.000 persoas máximas ao día, con 3 carpas, un escenario principal e unha área vip tamén con deejay  na zona da  piscina e máis de 100 deejays nacionais e internacionais, onde os artistas galegos tamén estiveron presentes.

No interior do recinto podíamos atopar  varios postos de comida e un gran número de bares (máis de 20); o que facilita bastante poder comprar as bebidas sen practicamente espera e onde tamén nalgunha servíase café, o cal era de agradecer. Tamén  atopamos outro tipo de actividades, nada común nos festivais que serían: un toro mecánico e camas elásticas para saltar. Como sempre nos eventos que levamos acudido a Portugal, a seguridade pódese dicir que é "máxima", dende un gran número de axentes de seguridade privada, até membros da G.N.R(Guardia Nacional Republicana) que estaban por fora do festival, e incluso eran os encargados de revisar a xente que entraba, para que non portaran cousas ilegais.

Conferencia

Unha vez que dimos unha volta por dentro do recinto acudimos ás conferencias, pois as actuacións non serían até as 17:30. A primeira conferencia que asistimos foi a de Managament e Gestão de Carreira, con Pedro Cazanova, un dos deejays máis internacionais de Portugal ca súa representante e o director da Connect-Music, organizadores do eventos como: Neo Pop, programación do Industria Agricola onde pasaron artistas da talla de Richie Hawtin, Marco Carola e unha longa lista.

Coñecemos así a Industria da noite de Portugal, na que hoxe por hoxe na Galiza estamos a millóns de anos luz de poder achegarnos a algo semellante, trataron importancia do "marketing online", o feito de andar no Facebook, myspace, podcast, youtube, newsletters. Tamén destacaron que entre un artista e o manager ten que haber confianza e cousas que aquí son imposíbeis de imaxinar posto que non temos industria e apenas clubs e moitos menos unión entre deejays/produtores -opinión persoal-.

A nosa segunda conferencia antes de acudir ás actuacións sería: DJ E A LEI. No que se recalcou, que os deejays que usen o formato dixital, deben levar as facturas para confirmar a compra dos arquivos que se están usando, aínda que o feito de que cando un merca un cd este non lle da autorización de usalo nun espazo público, no que chegamos a un "tabú" cos deejays e a música con licenzas que non sexa copyleft, pois estas, aínda que moita xente non o saiba tamén se poden vender os temas e gañar cartos con eles.

A nosa primeira actuación sería a dos galegos Botz & Flydrums no escenario principal, no que tanto o son como os audiovisuais eran de excelente calidade,  pero por motivos alleos a organización só puido actuar Botz, o cal foi unha pena xa que desta forma non puidemos ver a súa percusión en directo. De segundo tocaba o artista revelación en Portugal e que esta nas listas top de Romanía, Pedro Cazanova nado en Lisboa e de xénero house que xa editou temas como: "Another round trip" e o coñecido "Selfish Love" feat Andrea.

Dúas carpas no MMC

Como somos humanos, e xa levabamos moitas horas fixemos un "pause" para ir a cear e recargar as pilas, pois a nosa seguinte actuación seria a  do galego Fon Kid, na carpa "Electronic Dome" e que cada vez este artista esta a ser máis coñecido despois de actuar en eventos como: Non Parei ou Poio Pop. A súa sesión duraría varias horas co seu estilo tech-house pero por desgraza non tiña moito público pois festival non estaba a recibir o asistentes esperados xa que contábanse con 10.000 persoas por día e faltaban bastantes para chegar a esa cifra.

Tocaba dar outra volta, esta vez pola carpa de "Bumper Disco", na que estarían os "Wonder djs", dous mozos que fixeron unha sesión bastante electro-progressive na que se podían apreciar melodías bastante "tranceiras".

Persoa con dous globos da NOITE.PT

Na área con piscina do Hotel estaba tendo lugar a segunda edición dos premios NOITE.PT , adicada ao mundo da noite, con categorías como: Live Act Vocal, Músico Noite, Xerente, Relaccións Públicas, Pista House, deejay revelación... polo que cabe destacar que Kika Lewis gañou o premio a deejay femenino, Pedro Cazanova deejay revelación e como produtor de eventos Miguel Rendeiro.

Debido a gran cantidade de artistas,  conferencias e a feira de negocios na que falaremos na segunda reportaxe con postos de Vestax, Pionner etc, non foi posíbel ver todos os artistas que nos gustaría, polo que imos pechar co que se pode considerar a cabeza de cartel do venres (sexta-feira) Above & Beyond:

A súa actuación tería lugar no escenario principal case a última hora do festival, que serían as 5:30 e persoalmente,  o único punto malo -penso eu- do festival  foi que non deron os horarios e para organizarnos foi bastante complexo, por non dicir que era imposíbel saber cando actuaban algúns a non ser que como era no caso, trouxeramos nós os horarios dalgúns deejays que tiñamos pensado ver.

Comezaron á hora prevista e cuns audiovisuais bastantes bos, o seu primeiro tema foi Norman Doray & David Tort - Chase The Sun, fixeron unha sesión na súa liña de música trance  e puxeron o clásico "Love Comes Again" de Tiësto entre outros.

Unha vez finalizada  a actuación para nós finalizou a festa, había que recargar as pilas para o día seguinte que sería moi longo.

Consulta todas as fotos do Festival:


smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy