O pasado sábado, tivo lugar na praza do Obradoiro, unha actuación do mais especial. Quizais non podamos dicir que vimos a un dos pais propiamente ditos da música electrónica, pero si unha das figuras mais importantes da música contemporánea. Estamos a falar de Jean Michel Jarre, que grazas ó Xacobeo, fixo unha actuación do máis especial.

Co escenario montado na fachada do Obradoiro, o francés comezou a actuación saudando a tódolos presentes e agradecendo a quenes fixeron posible a súa presenza esa noite “neste lugar incomparable”.

Non faltaron os seus Equinoxe, Oxygene ou Magnetic Fields, acompañados de xogos de luces, fogos artificiais acompasados ca música, lásers e visuais proxectadas contra a fachada do edificio.
Impresionante ver como ós seus 62 anos, pasouse máis de duas horas de directo, saltando e correndo dunha parte a outra do escenario para tocar tódalas máquinas que o acompañan no directo, incluída a máis vistosa: esa serie de lasers, que proxectados contra o ceo Santiagués, facía de arpa. Non nos esquecemos tampouco dos tres músicos que a acompañaban en todo momento.

Tanto os horarios coma o aforo, unha das grandes incógnitas antes do concerto, controlouse perfectamente na praza do Obradoiro. Peor sorte tiveron os que decidiron intentar seguir o concerto dende a praza de A Quintana, onde a organización montara unha pantalla xigante. Unhas catro mil persoas case enchían a praza ás 22.30 horas, hora de comezo do concerto. Pero o tempo ía pasando e as imaxes do mesmo non aparecían na pantalla senón unha publicidade constantemente repetida. Cando xa ía case media hora o público comezou a protestar e asubiar para, posteriormente, ir abandonando a praza, que quedou baleira. As imaxes non chegarían ata unha hora despois, posto que eran as mesmas que ofrecía TVG en diferido.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza