Comeza o segundo dia de festival. Sobre o mediodía xa estamos no recinto para comezar unha xornada cargada de conferencias, a primeira delas é: Produción de música electrónica, nesta participará o produtor DJ Riot, membro de Buraka Som sistema (coñecido polo tema de Wegue Wegue). Falan dos problemas de marketing en Portugal, as diferenzas entre produtores old school (analóxico) e nova ola (dixital), dan consellos para que os produtores principiantes saiban como comezar no mundo e nos contas as súas experiencias ó longo da súa carreira.
Facemos un pequeno descanso e comezamos cas seguintes conferencias: Marketing do DJing e redes sociais, na que se fala sobre a estratexia de dar a coñecer a un artista e achegalo ós seus fans, seguimos con Escena musical, pop ó poder? no que se fai unha reflexión de cales son os límites entre o novo pop e o dance de sempre, xa que cada vez as diferenzas están máis difuminadas e custa distinguilos. Para rematar, asistimos á conferencia de Editoras no panorama actual, no que fan un análise dos novos desafíos ca música dixital (novos mercados) e explican como é o proceso de escoller un tema para publicar dun artista que aínda non está recoñecido, un proceso bastante laborioso que implica ter un oído fino.

Aproveitando o tempo que deixan entre as diferentes charlas, visitamos a zona de Feira, alí atopamos postos de demostración de marcas como Vestax, Pioneer ou Numark, que deixaban probar os seus produtos o teu antollo, tamén asistimos a varias demos de Traktor con CDJ. Saímos cargados de merchandaising de Ableton e Akai. Agradécense nos festivais estes postos, así podes enterarte e probar as novidades que van saíndo.
Despois dunha tarde de conferencias, decidimos cear para tomar un descanso e retomar as actuación musicais. Comezamos o show con Michel Cleis, un dos pesos pesados de Cadenza, déixanos abraiados pola súa técnica fina, o anaco que estivemos véndoo deixou de lado os son comerciais como La Mezcla e navegou polos sons máis escuros de Cadenza.
Para anoitecer temos un acompañante especial, DJ Riot de Buraka Som Sistema, fixo unha sesión cargada de melodías coñecidas ó ritmo de electrohouse, meteu un remix de ritmos rotos de Sexy Bitch de David Guetta e case para rematar a sesión, nos deixou ca boca aberta cunha especie de bootleg de Smack my Bitch Up de Prodigy e a Bucobina, un set moi variopinto pero á vez divertido.
É noite pecha na praia de Santo André e cousa comeza a poñerse seria. Miguel Rendeiro colle as rendas da cabina, comeza bastante suave con Tech-house melódico pero a medida que avanza, métese nos ritmos máis contundentes e de melodía detroitiana, o público comeza animarse máis e cando xa ten a toda a pista entregada, deixa escapar o Spastik (Dubfire remix), no que a xente tolea e levanta as mans para tocar o ceo. Miguel deixa unha pista entregada a Wally López.

O fundador de La Factoría, aparece no escenario cas súas simpáticas gafas e sorrindo a todo ó mundo. Para que vos fagades una idea, a sesión foi como escoitar o seu programa de radio "La Factoría Radio Show", comezou cunha música melódica para ir meténdose no Tech House e case Techno con groovie e contundente que ultimamente se leva nos charts de Beatport, un exemplo diso foi cando fixo soar Mendo - Aventuras e Butch - No Worries. Wally remata o seu set cun montón de efectos e o clásico subidón interminable para darlle paso o que foi para min (persoalmente) o gran triunfador da noite.
Shlomi Aber, coñeciamos a súa faceta como productor e tíñamos ganas de velo, xa que é un dos poucos que fai cousas diferentes nestes tempos de Tech-House que corren. Como describir o set do israelita… simplemente dicir que foi un set cargado de House e Techno con melodías recén saídas de Minimoog e lembrando os sons de antano de Chicago e Detroit, cada vez que facía unha subida, Shlomi sacaba unha foto á pista para deixar constancia da toleira que se estaba a vivir nas primeiras filas con semellante música.
Xa cansos, decidimos sentarnos e mirar o espectáculo de relax, pois 2 días seguidos de conferencias e festas fanse longos. O último en ver para nós foi Sharam (ex membro de Deep Dish), o que puidemos ver del e que cambiou completamente os seus sons, evoluciono cara o Tech-House de moda, asemellándose nalgúns momentos ó seu ex compañeiro Dubfire pero tirando a sons máis achegados ó mainstream.
Estes son os artistas que vimos no escenario principal, pero entre actuación e actuación, fixemos un oco para ver os seguintes artistas:
Viriato DJ: un portugués que nos deixou abraidos, estaba a faces un Live de excelente calidade, sons de Techno puro, un manxar para os oídos, tamén decir que nos chamou a atención os sus auriculares en forma de corazón e rosas.
Tania Pascoal: Perfecta técnica e perfecta selección de temas, un house moi tranceiro, diferente á música que levábamos escoitando até ágora, rematou o set cun remix progressivo de Blackwater.
Dani Rivera: a pesar de que actúa con frecuencia en Vigo, sempre nos foi imposible velo, así que nos achegamos a súa carpa, nos levamos una alegría porque nos fixo disfrutar dunha sesión con enerxía e potente, escapándoselle algunha melodía.

O vindeiro ano esperamos volver asistir a este gran evento, que terá lugar o 4, 5 e 6 de Agosto. Xa nos avisan con tempo, así que non fagades plans ese fin de semana no 2011.
Consulta todas as fotos do festival:



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza