Roger Sanchez en Zoo Club
Escrito por Galizaelectronica   
Martes, 16 Setembro 2008 16:19

ROGER SANCHEZ EN ZOO CLUB

ZOO CLUB

Este xoves tivemos o pracer de asistir a Zoo Club cun invitado de luxo: Roger Sanchez

Entramos á 1:30, os porteiros recibiron o equipo de Galizaelectronica moi amabelmente. A verdade e que era bastante cedo pero queriamos ir collendo sitio para poder disfrutar en primeira liña do gran Roger.

Na cabina estaba un dos residentes, quentando a pista cun house bastante comercial, a sala iase enchendo pouco a pouco e a festa iase animando. A sesion ía tomando unha forma máis underground, rematando cun tech-house contundente.

Sobre as 03:00 aparece Roger Sanchez, ca sala xa chea e a xente toleando. Todo o mundo ansioso por escoitar a música do neoyorkino e de supeto encenden todas as luces e silenciase a sala, comeza o set de Roger cun house americano moi bailable.

ZOO CLUB ZOO CLUB

ZOO CLUB ZOO CLUB

O longo da sesión toca todos os estilos do house, dende o tribal ata o tech house máis demoledor con subidas interminables, unha selección musical exquisita.
Un dez para Roger Sanchez.

As 6 marchamos de Zoo cun sabor de boca doce, boa musica, ambiente moi agradable, bo trato de Zoo cara o público e sobretodo... moitas ganas de voltar.


smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy