Crónica do primeiro día do Neopop
Escrito por Lorena Iglesias   
Martes, 17 Agosto 2010 18:08

Os días 12,13 e 14, celebrouse en Viana do Castelo o Neopop. Un festival de electrónica avanzada, cos DJ´s máis influentes do momento e cun ambiente familiar que o fai ser un evento único. Galizaelectronica.com tivo a sorte de estar en primeira fila para contarche as sesións e te sintas como se foras un asistente máis.

O festival comeza o Xoves día 12 cuns cabezas de cartel máis que apetecibles: 2000andOne, Vitalic e Ellen Allien. Chegamos á entrada do festival, e coma sempre, máxima seguridade con varios efectivos revisando e pasando o detector de metais. Sempre é de agradecer sentirse seguro nun festival onde vas a pasar horas metido.

Damos unha volta polo recinto, a distribución é a mesma co ano pasado. Escenario con visuais atrapantes, 4 barras repartidas pola pista para non ter que moverse moito, postos de venda de diferentes artigos, bar, posto para comer... e a tan famosa cúpula onde te podes sentar para ver as películas que proxectan, un espazo de relax instrutivo.

Comezamos a noite musical con 2000andOne, íbamos ca mosca detrás da orella porque os seus últimos sets tratabanse de Tech-house facilón, a verdade e que xa estábamos aborrecidos dese estilo porque últimamente os DJ´s parecen que usan todos a mesma maleta. Para o noso asomo, 2000andOne tirou de Tech-House, pero dun pau máis contundente e serio se cabe como Joris Voorn – The secret ou Chase the mouse, mesturou dunha forma na que a música que leva soando todo o Verán parecera outra. O punto álxido do seu set foi case o seu peche, mesturando as vogais de Celeda – The Underground cun tema de antano épico Marco Carola – Avalanche, neses momentos puxéronsenos os pelos de punta e a pel de galiña, levantou unha pista e deixounos a todos con ganas de máis pero lle tocaba o turno a outro dos grandes.

20 minutos foi o que tardaron os técnicos en instalar o montaxe de Vitalic, que facía o seu live V-Mirror. O espectáculo consistía en dous espellos de LED´s, colocados verticalmente en forma de V, formando visuais acordes ca música. É algo digno de ver, por conxugar o arte da música ca visual. En canto, musicalmente, Vitalic comezou o seu live moi forte, tirando de bombos secos e melodías rotas moi duras. O público deu un cambio radical con esta actuación, de súpeto encheuse toda a parte de adiante, a xente toleaba cas mans no aire e sentíase a forma que estaba a transmitir o francés. Para xa poñer a puntilla desta actuación, soou LaRock, todo un clásico que ó fin e o cabo, todos estaban desexando que saia esa melodía polos altofalantes.

Chega a artista do peche, Ellen Allien. A verdade e que estábamos expectantes porque esta rapaza nunca se sabe por onde vai tirar. Comeza a sesión pinchando con CD´s e o fai dunha forma moi suave, tirando de Tech-House moi rebaixado e tranquilo. Se cadra foi porque estábamos cansos pero a súa actuación non nos estaba a convencer nada, mesturas extranas, cortes de subir e baixar faders cada pouco tempo e selección musical demasiado relax para as horas que eran. Como estabamos cansos e non estabamos a disfrutar, decidimos retirarnos xa que aínda quedaban 2 días.

Destacar desta xornada un son nítido e alto, unha organización perfecta e o bo ambiente que se respiraba.

 


smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy