A noite do Venres no NeoPop presentábase para o equipo de GalizaElectrónica, a priori, como a máis completa.
Chegaba o segundo día de festival, e logo dun merecido descanso despois dunha primeira noite intensa, aínda que non espectacular, eran horas de ver o que nos ían ofrecer os artistas do venres, ós que por certo, o equipo de GalizaElectrónica lles tiñamos moitas ganas.
Entramos ó festival durante a actuación dos últimos artistas locais da noite, o dúo portugués Freshkitos, formado por Phil e Gustavo, que coma é habitual neles, tanto nas súas noites de residentes no Gare como en tantos outros festivais onde actúan, mostráronnos a súa cara máis bailable a base dun minimal house que fixo unha presentación inmellorable para o primeiro prato forte da noite, a Cobblestone Jazz.

¡E vaia prato! Un prato feito por un equipo de tres Gourmets canadenses e degustado por tódolos asistentes ó festival, que puideron catar de primeira man o seu directo, para o que utilizan dende antigüidades como as Roland TR-808, TR-909 e SH-101o piano eléctrico Fender Rodes, que data tamén dos anos oitenta; sen esquecer o sintetizador Cwejman ou o teclado DK88, esta vez máis moderno, da marca xermana Doepfer. O resultado da mestura de todas estas máquinas, engadindo a cabeza pensante de Mathew Jonson á percusión e ó baixo, e as mans de Tyger Dhula e Danuel Tate, dan como resultado unha música house analóxica, sutil, sensual, e ás veces incluso psicodélica que fixo gozar a tódolos presentes, e incluso á propia banda, pois notábase que estaban a pasalo ben. Tratouse de unha hora e media de progresión de acordes e melodías libres, pero áxiles en sons que ofrece o sintetizador e todas as secuencias de baixos alegres e expresivos ó ritmo funk que da un grupo tan formidable como a Cobbletone Jazz.

Logo foi o turno de John Digweed. A música, como a meirande parte das cousas desta vida, é algo moi subxectivo: o que para uns é sublime, para outros pode parecerlles algo insípido. A maneira en que un encara, prepárase para algo que está apunto de escoitar, tamén inflúe. Así, entre o público convivía xente que esperábase unha sesión do inglés destas que quedan para o recordo; con outra que poucas ou nulas esperanzas tiñan postas na súa actuación. O que escribe, sen estar en ningún dos dous grupos, estaba máis cerca do segundo, pois esperábase un set do tipo house/tech/trance escuro, que tanta fama lle aportou xunto a Sasha; esquecéndose do son que estreou no Fabric 20, moito máis alexado deses sons tranceros escuros, o moito máis preto do techno-house. Máis non vos deixedes engañar e pensedes nun top10 de beatport. Diferentes vocais e melodías, mezcladas con vinilos, fixeron que o resultado só poida definilo como unha grata sorpresa.

Cando o inglés terminou o seu set, xa era día en Viana do Castelo e chegaba un dos momentos mais esperados, xa non dese día, senón desta edición do festival: era o turno do alemán Ben Klock.
Podería escribir liñas e liñas e seguiríame quedando corto en adxectivos e na descrición dunha sesión de techno minimalista sinxelamente espectacular. Partindo de que o que escribe levaba case tres anos desexando ver a este home en particular, todo o que diga pode parecer esaxerado e froito dunha paixón desmedida pola música que se programa no Berghain Club e que se edita en Oustgut Tonträger e similares. Así que centrareime en todo aquelo estritamente obxectivo, e gardarei as sensacións vividas durante esas dúas horas como algo persoal. Set de dúas horas, á vella escola, cargado con vinilos, sen o máis mínimo erro en toda a sesión, e soando auténticas xoias deste techno berlinés de “nova” onda, xa fosen dos seus compañeiros Dettman ou Shed, de Sleeparchive, Basic Channel, Mike Dehnert ou Silent Servant. Cando chegaron as nove da maña, e foi hora de pechar o día, o alemán recibiu unha mais que merecida ovación de tódolos presentes. O seu foi techno en estado puro, sen aditivos, e todos nos uns privilexiados, pois non é doado escoitalo nestas latitutedes.

De novo, e van xa uns anos, bravo por NeoPop.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza