Reportaxe Aquasella 2010
Escrito por Lorena Piñeiro   
Xoves, 19 Agosto 2010 16:33

O pasado 6 e 7 de Agosto, celebrouse outro ano máis en Arriondas, o Aquasella, un dos festivais de música máis consagrados do panorama electrónico español, o cal celebraba xa a súa 14º edición. Este ano contaba cun cartel moi variado con diferentes estilos musicais, dende deep e tech-house ata hardtek incluíndo obviamente o techno. Acollía ademáis dous showcases de dous selos actuais importantes como son Cadenza e Freerange.

 

Despois dunha larga viaxe, chegamos por fin a Arriondas, un pobo con non máis de 2500 habitantes que se multiplica por 10 esta fin de semana polo descenso do río Sella que coincide sempre co festival. As rúas estaban repletas de música e xente, pero non nos podiamos entreter posto que aínda tiñamos que montar a tenda e a festa xa comezara.

O recinto do festival sitúase nunha paraxe inigualable, co río Sella á carón e os Picos de Europa ó fondo. Nada máis entrar atopámosno co Open Air, o escenario principal ó descuberto, que destacaba a mellora de son respecto ás edicións anteriores, xa que dende a barra de atrás escoitábase perfectamente a Ben Klock. Neste escenario actuarían principalmente as cabezas de cartel como Sven Väth, Sino, Vitalic e os xa consagrados Oscar Mulero, Ben Sims e Pepo. Detrás do Open estaban as outras dúas zonas.

Tiñamos unha carpa na que a noite do venres sería a Hard Tek Area, dedicada os amantes da música máis potente como é o Hard Techno e o Schranz no que cabe destacar as actuacións de Obi, Viper XXL e Fernanda and Lukas. O sábado pasaría a chamarse "La Real Stage" en honor á antigua sala asturiana, a cal contaba con Dr Smoke, The Advent, Surgeon para conmemorala.

A man dereita estaba a carpa Carlsberg, que sería durante toda a fin de semana onde estarian os sons máis lights do festival. O venres era "Cadenza Stage", o showcase deste selo discografico, con Luciano, Reboot e Lee Van Dowski, ademais das actuacións de Yousef, Matthias Tanzmann... O sabado esta carpa albergaria o showcase de Freerange, con Shur-I-Kan e Lovebirds entre outros, ademáis de Agoria e o galego Darkrow.

 

Ó chegar Ben Klock, residente da famosa sala berlinesa Berghain, estaba levando a cabo un set de tech-house moi bailable e contundente, a pena é que xa estaba a piques de rematar e pouco puidemos disfrutar del. A continuación empezou Luke Slater baixo o seu sobrenome Planetary Assault Systems realizando un magnifico Live! do máis puro techno, que fixo a xente disfrutar e bailar de principio a fin. O rematar era hora de tomarse un descanso e fumos cara "O Bosque Encantado", un espazo iluminado por leds azuis e árbores, onde se atopan mesas e cadeira para repousar.

Na carpa Cadenza, durante as actuacións dos artistas de este selo, escoitouse sempre tech-house bastante animado. A carpa estivo chea durante todo o rato, pero máis con Luciano. Estes tres artistas do selo superon animar ó púbico, pero o mellor foi Reboot facendo o seu live, onde escoitamos temas como Pra Dizer.

 

Comeza a amanecer, e que mellor forma de facelo que na open coa actuación de Sino. O Live de Technasia e Dosem, puxeron todo da súa parte para que o público pasarao ben. Superon conectar coa xente dende un primer momento, Charles Siegling por veces saía diante do escenario para bailar e animar incluso tamén Marc ó final. Nótabase que eles estaban disfrutando co que facían, e gracias a iso a nós tamen, xa que eran imposible parar de saltar e bailar. Foi tanto que ó rematar era necesario descansar e decidimos perdernos as actuacións de Eric Sneo e Pepo, para así gardar enerxías para o seguinte dia.

 

O sabado comezamos con Vitalic, xa que nos esperaba un bo espectáculo tanto visual como musical. O francés atopábase diante de 2 paneles de leds en forma de V, onde do centro salían 2 focos potentes que deslumbraban todo. Cunha boa seleccion musical, temas como My friend Dario e os consagrados La Rock 01 e Poison Lips, acompañados dunhas gran visuais, fixo que a xente disfrutara da súa actuación e non decepcionara.

Despois dunha parada técnica para recoller a actuación de Vitalic, comezou Dubfire. O iraní deleitounos cun minimal que non se era capaz de estar quieto. Utilizando o traktor como ben poidemos observar nas visuais puso temas como Grindhouse de Radio Slave ou o Diablo.

As 3 a maioria dos asistentes estaban a espera do comezo de Sven Väth, o que supo levar unha boa sesión onde ninguén paraba de bailar co seu minimal, con temas como song six de Martin Buttrich e o seu mítico Blaue moschee de Die Vögel.

Scan7 comezou con retraso, pero empezou con moitas ganas, animando ó púbico polo micro, amosounos unha boa sesión de Detroit, coa su caixa de ritmos e sintetizadores, aínda que as veces aceleraba os bpm’s demasiado, deu un bo espectáculo para os fieis ó sonido techno.

Ó fin o corpo non daba para máis despois dun largo fin de semana e perdemonos o peche de Ben Sims.

Esta edición do Aquasella mellorou moito respecto ás edicións pasadas, tanto en sonido, en organización tanto na entrada ó recinto, ós aseos, e á barra, e a selección dos artistas. Saímos todos moi contentos, e por suposto, para o ano, repetiremos.

 

Galería de fotos:


smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy