
Entramos aproximadamente á 01:00.
Xusto na entrada chamounos a atención a terraza xa que se respiraba un ambiente agradable e sempre é de agradecer un lugar fora da discoteca para tomar un descanso.
Unha vez dentro, e xa con algo de xente estaba Toni Alvarez poñendo un Techno moi bailable e quentando a pista. Pouco a pouco a sala íase enchendo e Toni Alvarez cada vez metía mais caña, parabéns por facer unha sesión moi acorde co momento.
Seguido de Toni Alvarez, aparece Darkrow. Empezou a sesión cun Techno melódico estilo italiano pero progresivamente foi elevando o ritmo ata meternos nun Hardtechno agresivo. Coma sempre na súa liña, non defrauda.
As 05:00, Breogain cheo e sae a escena Cristian Varela. Unha sesión moi lineal, metendo caña en certos momentos da noite pero cunha técnica incrible, facendo efectos ca mesa como el só o sabe facer. Fíxonos recordar porque é un dos grandes en toda Europa.
Por último e para cerrar a gran noite, David Mallada. Unha das xoves promesas asturianas cerrando con Techno demoledor, será un dos próximos DJ´s a ter en conta en tódalas boas programacións.
A verdade e que chegamos a casa cun bo sabor de boca, música de calidade, un gran son na sala Breogain e bo ambiente ca xente e membros da sala que sempre é de agradecer.





Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza