Crónica do terceiro día do Neopop
Escrito por Martin Nomore & Lorena Iglesias   
Sábado, 21 Agosto 2010 14:54

Chegaba o terceiro día de festival, e aínda que as forzas xa non son as do primeiro día, é chegar ó Forte de Santiago da Barra, onde se celebra o festival, e o cerebro indícalle ó corpo que só queda unha noite, que é necesario aproveitala, e que non son horas para queixarse. Con esta filosofía, a de aproveitar o festival ata as últimas consecuencias, entramos ó mesmo máis cedo que calquera dos outros dous días anteriores.

 

Estaba ó mando un portugués que nunca tivera ocasión de ver. O seu nome é Nuno Di Rosso, e a verdade é que foi unha grata sorpresa o seu set. Cando non había apenas que un cento de persoas no recinto, comezou a mover a pista a base de un minimal house movedizo, alegre e mesturado máis que correctamente. Non perderei ocasión de volver a velo.

Logo foi a quenda doutro portugués, Expander, o cal, este si, non era a primeira vez que escoitaba en directo. A verdade é que sempre atesoura música de moita calidade, música que por si soa é capaz de facer mover o esqueleto; o único punible podería ser que abusa dunha única técnica para facer case tódalas mesturas da súa sesión, e iso acaba por resultar pesado.

Puxémonos nas catro da mañá, e subíase ó escenario o primeiro artista internacional: Par Gridvink. Coñecendo ó sueco de apenas un par de referencias en grandes selos como Drumcode ou Stockholm Ltd. E sabendo que a súa “tutela” correspondera a Adam Beyer, había ganas de saber que nos ía ofrecer. Ataviado co seu MacBook en negro, a súa camiseta negra e as súas barbas de máis de unha semana, o norte europeo fixo unha sesión do máis correcta, sen mesturas que cortan a respiración nin temas nunca oídos, pero correcta e bailable ó fin e ó cabo, e facendo unha boa introdución para o que se aveciñaba despois.

Tócalle a Adam Beyer, había ganas de velo porque despois de 4 anos mesturando minimal, as súas últimas produccións asemellánse a Techno contundente, e non queríamos perder a oportunidade de ver a este gran DJ na súa faceta máis dura. Tirando de formato CDJ, Adam Beyer fixo unha desas sesións onde nos conta unha historia, dende o primeiro momento foi de menos a máis intensidade, deixando caer temas do seu selo Drumcode e dando unha lección musical mestra. A mesturas coma sempre largas e precisas, este home segue movendo a pista por moitos anos que pasen. Para rematar a sesión deleitounos con 2 temas, un cunha melodía atmosférica e outro tema tirando a electro-tech que lembraba a temas como Adam Beyer feat. Tiga – Hearthbreaker. Aínda hoxe me retumba no subconsciente.

Tras unha sesión cargada de contundencia, é hora de Anja Sjneider. Esta señorita soubo facer que a xente seguira entregada e movéndose a pasar de rebaixar a dureza da música, deixounos xoias como Omar feat Stevie Wonder - Feeling You (Henrik Schwarz remix), de agradecer xa que en todo o fin de semana se escoitaran moitos vogais nin funky. Anja escolleu unha selección Tech-House culta, con mesturas cheas de elegancia e animando ó público en todo momento.

Até aquí os 3 días do Neopop, marchamos desa fortaleza con nostalxia pero con positividade por ter a sorte de vivir este pequeno-gran festival e concienciados de que cada vez queda menos para o Neopop 2011.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy