Reportaxe Azurara Beach Party Festival 2010
Escrito por Alberto   
Martes, 31 Agosto 2010 19:15

Este sábado 28 de agosto tivemos o pracer de finalizar o verán nun festival que se anunciaba como "a maior beach party da Europa" que chegaba xa a súa sétima edición. A cita tivo lugar na praia da Azurara en Vila do Conde (Portugal) onde metros e metros de praia estaban reservardos para a Azurara Beach Party e a que obviamente nós non nos quixemos perder.

 

Na entrada do festival un trailer ao máis estilo americano co cartaz de todos os artistas que pasarían polas catro carpas ao longo do evento xa deixaba ben claro que as espectativas que tiñamos despois de ver vídeos e fotos doutros anos non só se ían a cumprir, tamén serían superadas; máis de 30 artistas nacionais e internacionais no que habería tanto deejays como grupos de reggae ademais  mc's  nos seus catro escenarios correspondentes e que estaban listos para facer saltar a xente na gran variedade musical deste festival.

Trailer no Azurara Beach Festival


AS CARPAS

O escenario principal é o Energie onde pasarían as cabezas do cartaz como: Booka Shade, Vinna Ice, Buraka Dj's, Miguel Rendeiro, Technotronic (DJ Set & Mc Eric), Rui Vargas e unha longa lista na que estarían acompañados polos visuais de Dub Video Connection. No escenario da  Connect-Music -dos organizadores do Neo Pop e a programación das festas do Industria- estaría alí para amosar a xente artistas da talla de Magazino, Nuno Di Rosso, Cherry Chick, Glove e moitos outros que pasarían ao longo do festival , aínda que  para a xente que prefira algo máis comercial, estaba a carpa da coñecida revista portuguesa do mundo da noite: Noite.pt que coincidindo co seu 12º aniversario non quería perderse ese evento e no que levaron a Mariana Couto, Andre Alves, Pedro Macedo etc

 

Azurara Beach Party

 

OS SERVIZOS E ORGANIZACIÓN

Tal e como é costume en Portugal ao longo de todo o espazo que ocupaba o festival había todo tipo de servizos: tendas onde tomar café, un gran número de barras o que facilita poder coller a bebida e tamén postos onde poder mercar comida, unha furgoneta de check-drugs onde informaban do consumo das drogas. Tamén na entrada do recinto estaba o posto da G.N.R. (A policía portuguesa) así como varios furgóns de bombeiros, posto da cruz vermella e dous kuads dos vixiantes da praia, que estiveron durante todo o festival pola beira  da praia -posto que a xente podía meterse na auga- e outro kuad da Marinha Portuguesa para vixiar que non aconteceran incidentes.

 

Azurara Beach Party

 

O FESTIVAL

A primeira hora da tarde xa estabamos dentro, serían ás 17h e non había moita xente. No escenario principal estaban actuando uns grupos de reggae e até as 19h non comezaban os outros escenarios, polo que decidimos abrir os ouvidos a un novo estilo e sentarnos na praia. A segunda carpa que visitamos foi a da Connect-Music na que estaba Armando Silvestre produtor e deejay  nado en Viana do Castelo que editou pola editora alemana Soulstar Recordings.  Podemos cualificar a súa sesión bastante tech-house onde se puido notar tamén os seus toques de temas soul e house que ten publicado en beatport e como xa é costume hoxe en día en case todos os deejay usando controladora.

O noso seguinte artista sería tamén na mesma carpa, o xoven Glove aka Francisco Vieira que nos deleitou durante unha hora con tech-house con melodías que facían que a xente que ía chegando comezara a bailar. Podemos dicir que o son da carpa da Connect era excelente.

Antes de voltar ao escenario principal dimos unha volta pola carpa da Sic onde estaría Dj Overule & Mc Demo e na que sería a carpa onde estaría presente o hip-hop. Xa se podía apreciar que as carpas se estaban enchendo e non paraba de entrar xente ao recinto polo que decidimos pasarnos pola carpa da Noite.pt a ver a Mariana Couto e que para a nosa sorpresa cada vez que pasaba máis tempo mentres ela actuaba a carpa parecía quedarse pequena até o punto onde non collía ninguén máis. Fixo unha sesión  bastante comercial , acorde coa carpa, con temas de David Guetta e algunha mistura de U2 que faría bailar a xente durante a súa actuación sen parar.

Toca a quenda aos deejays de Buraka Som Sistema que xa tivemos o pracer de ver na MMC e na que fixeron unha sesión bastante electro e desta vez non sería para menos, co festival xa repleto de xente, onde non collía unha persoa máis -a pesar de que parecía imposíbel encher un recinto tan sumamente grande-, os Buraka dj's estaban dando uns toques cada vez máis progresivos que durarían durante toda a súa actuación.

Booka Shade! o momento máis esperado xa chegou, despois dunha pequena pausa para preparar a percusión e os teclados para este dúo alemán e que comezaron sen apenas darnos tempo para ver quenes estaban entrando no escenario comezaron ca súa fantástica electrónica  con temas como: "Body Language", "Regenerate", "Havanna Sex Dwarf" e "Darko" entre outros moitos durante a súa actuación que duraría máis de dúas horas e na que ao finalizar darían o paso a Miguel Rendeiro.

Consulta todas as fotos do evento na nosa galería: http://www.galizaelectronica.com/web/galeria/view/17

Consulta tamén os vídeos que gravamos na nosa canle de Youtube: http://www.youtube.com/user/galizaelectronica


smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (2)Add Comment
0
Obrigada
escrito por Mariana Couto, September 03, 2010
Obrigada à equipa Galiza Electronica pela presença na tenda da Noite.pt e por toda a reportagem!

Até à próxima, que espero: seja breve!

Bjinhos,
DJ Mariana Couto*
0
respond
escrito por CARISSAPuckett, October 05, 2010
Some time before, I needed to buy a good house for my organization but I didn't have enough money and couldn't purchase anything. Thank God my father proposed to take the loan at banks. So, I did so and used to be satisfied with my student loan.

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy