Reportaxe das festas de Santa Margarita 2010
Escrito por Martin NoMore   
Mércores, 01 Setembro 2010 23:49

A Coruña está a vivir a súa época (electrónica) dourada; quitando a triste noticia do peche dun dos locais mais emblemáticos da escena herculina esta mesma sema, o Telefunken; o resto levan sendo, duns anos para aquí, boas noticias.

A expansión dun festival como o 981, que este ano, despois de seis, estrea doble horario (día e noite), o nacemento dun local como o FanZine, que empezando dende abaixo, está conseguindo dotar á Coruña dun local onde poder escoitar boa música electrónica, variada, e con bo ambiente ou a edición deste ano de SonarGalicia na cidade herculina son só algunhas das alegrías dos últimos anos.

Outra seña de que aquí estase a cocer algo bo, son as iniciativas como a celebrada este pasado sábado no parque de Santa Margarita; onde a xente de Fanzine, e xa levan uns anos facéndoo, organizaron unha festa de música electrónica, onde tiveron cabida artistas galegos, tanto ós pratos como ás visuais, das que falaremos máis adiante e tamén a visita dun vello coñecido por estas terras: Ivan Smoka.

 

Nótase cando as cousas fanse con cabeza, dedicación e para o disfrute da xente. Dende que chegamos, arredor das oito e media da tarde, coa sesión de Smoka recén empezada, notábase que o equipo de son instalado respondía ás mil marabillas; e conforme avanzaba o set de música disco levado a cabo polo madrileño e ía anoitecendo, comezaron a apreciarse as visuais levadas a cabo por Parasit, que ateigado dun MacBook Pro, un iPad e un controlador midi, foi proxectando sobre unha fachada próxima. Gran traballo o do Vj.

Ivan Smoka

Finalizado o set de Smoka foi o turno dos vigueses Subsotano. Co primeiro bombo tivemos a impresión de que o fin do mundo estaba preto, menuda contundencia. O seu directo, dunha hora de duración, soubo a pouco ós asistentes, os que xa metidos de cheo na noite, fixeron bailar do lindo.

Subsotano (live)

Logo, o turno de Frances Lerouge, un auténtico crack tanto subido ó escenario coma se non o está, que soubo seguir coa tónica iniciada por Subsótano, para deixar caer algún que outro tema tech-house, pero sen perder de vista a súa perspectiva da música de baile, e sobre todo, a xente que embaixo estaba a pasalo ben. Por certo, algo que non comentamos ate agora é a diversidade de público, dende raparigos, pasando polos seus país, xente da terceira idade...eran as festas do barrio, e non foron poucos os que se pasaron polo “foso” onde se levaba a cabo o evento.

Frances Lerouge

Para pechar, subiuse Roi ó escenario para conxugar unha sesión do mais bailable, poñendo un punto e seguido na noite; pois logo tocou peregrinación ó Fanzine, onde volvíamos a ter a Smoka, esta vez deixando de lado a música disco e centrándose mais nos clásicos ritmos do house e do techno.

Roi

Sen dúbida, unha iniciativa que esperemos sígase repetindo co paso dos anos, e esperemos que cada vez gañe mais e mais adeptos, pois a verdade é que é un pouco desmoralizante ver o traballo de tanta xente, que esfórzase para conseguir que cousas como esta salgan adiante, e ver que logo a xente responde só timidamente.

Parasit (Vj)

Un abrazo moi forte a toda a xente que fai isto posible, a tódolos artitas que pasaron polo escenario este sábado e para todos aqueles que se pasaron por Santa Margarita para pasar un rato agradable. Grazas e ata a próxima.

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy