15 Aniversario De Queen
Escrito por Alberto   
Martes, 16 Setembro 2008 16:22

Aproveitando o aniversario da discoteca Queen, Galizaelectronica.com realiza a súa primeira reportaxe, con máis de 40 vídeos do aniversario de Queen!

Ao final da reportaxe aparece a dirección da lista enteira de vídeos.

 

O sábado 5 de abril Queen celebrou por todo o alto os 15 anos que cumpría como discoteca, os artistas encargados de animar a noite foron: Gigi D'Agostino, Crystal Waters, Kate Ryan, Danijay, Basshunter e Gabry ponte.

12:00 entramos en Queen, damos unha volta pola discoteca e intentamos facernos sitio entre a multitude para chegar o máis preto posible dos artistas.

 

12:30 sae Gigi D'Agostino, e poderíase dicir que Queen estaba decorada para el, xa que a pista estaba chea de corazóns cas letras de “Gigi Dag” ademais do seu símbolo en letras chinas, que estaba en xigante no escenario. A session foi bastante tranquila, estivo todo o tempo pinchando “lento violento”, rematou a session ás 2:25.

 



2:30 sae Crystal Waters e revoluciona Queen, ca súa impresionante voz e acompañada de dous fantásticos bailaríns deron un espectáculo formidable, con temas como “Gypsy Woman”, “Destination Unknown” cos que a xente non parou de saltar e bailar durante a súa actuación que remataría ás 2:50.

 

 

 

Gogos e acrobacias de Patricia:

 

 

3:30 Kate Ryan revive esas cancións como “La Promesse” ou “Libertine” que marcaron unha época, e que despois de varios anos, aínda seguen a ser número un, a xente cantaba as cancións, non paraban de saltar e saltar, nun autentico estado de klimax, sen dúbida algunha, a “loira” foi unha das actuacións máis esperadas. Remata session ás 4:00.

 

 

4:00 cando xa parecía imposible superar calquera das actuacións anteriores, sae Danijay, unha vez máis o público empezan a saltar sen parar, ata había algúns con bandeiras italianas. Recordando temas como “Il Gioco dell amore”, “Encanto” conseguiu que a xente se entregara totalmente a el. Ademais estivo repartindo cds, camisetas, gorras, e tangas para elas, e dicimos para elas, porque máis de unha foi afortunada, xa que el mesmo lles puxo o tanga. Remata a session ás 4:55.

 

 

4:55 aparece Basshunter! Sen dubida algunha é unha das novas promesas da música eurodance. Acompañado de un deejay, estivo cantando cancións como “Botten Anna” “I'm Your Bass Creator” “Vi Sitter I Ventrilo Och Spelar DotA” e outras moitas. Sen dubida algunha foi unha actuación impresionante. Remata ás 5:20.

 

 

5:20 cando xa todo o mundo parecía que non podía máis, aparece Gabry Ponte, mezclando temas como "i'll fly with you" de Gigi D'agostino e "with or without you" de U2 fixo revivir a xente, e que non pararan de saltar. Ademais quíxolle rendir tributo a Dj Tïesto, co tema “Tiësto – Adagio For Strings”. Remata a session ás 6:45.

 

 

Sen dubida algunha, foi algo máis cun aniversario.


 

 

 

 

 

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy