Un ano mais no recinto feiral de Aranda de Duero tivo lugar o cuarto especial Xoves Santo. O Techno Flash comezaba ás 8 da tarde, pero por problemas coa son debido ás choivas, que non cesaron en todo o día e toda a noite, non abriron cara ó público ata preto das 10 da noite. Houbo varios cortes de luz ó largo de toda a noite nas carpas debido á auga e a carpa pavillón estivo anegada. A pesar destes incidentes, o resto do festival transcorreu como cabía esperar.
Ás 11 comezou Alexander Kowalski con algúns problemas no alumeado, fixo o seu live de sempre sorprendendo con algún tema como coa melodía do coche fantástico.
Seguidamente na outra carpa comezaba Ben Sims, moitos dos asistentes estaban a espera de ver ó londiniense onde puxo temas coma o mítico “Things” de Mark Broom onde ninguén parou de moverse maila que a carpa estaba anegada. A continuación comezou Pepo subindo a música de bpms pero debido a incomodidade da auga o rato dirixímonos cara a principal a ver a Adam Beyer. O alemán demostrou a súa gran técnica ós pratos cunha das mellores desa noite.
O rematar fomos a carpa onde actuaba Darkrow, onde o galego estaba cunha sesión bastante entretida e moi bailable. Deseguido comezou Henry Saiz, que para sorpresa de todos non usou as súas melodías que o caracterizan. Fixo un live máis cañeiro do habitual, soando algún tema como o “Age of love”. Dosem seguiulle, animando os alí presentes con gran vitalidade facían pasalo aínda mellor coa música. O rematar tomamos un rato de descanso para recuperarse para ver a David Mallada, o asturiano fixo unhas grandes mesturas onde cabe destacar a de “Billie Jean” de Michael Jackson ou o mítico “Yeke Yeke”.
A pesar dos problemas causados polas choivas, foi unha gran festa, especialmente na carpa anexo co produto nacional, onde todos os que vimos non nos deixaron parar nin un intre.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza