Por segunda vez tivemos a oportunidade de asistir a unha nova edición do Sónar en A Coruña e da que esperamos que haxa unha longa lista. Artistas da talla de Underworld, James Holden, Colectivo Oruga, Buraka Som Sistema ou Dj Sith serían só algúns dos nomes dos que tivemos oportunidade de escoitar ao longo de toda a noite en dúas zonas: Sonar Hall e Sonar Club.
O tempo parecía non querer acompañar demasiado, a pesar de que o evento tivo lugar no EXPO Coruña sendo este un recinto cerrado, sempre anima máis que haxa bo clima. O Festival tiña que abrir as portas ás 21:00h xa que as primeiras actuacións, live de Colectivo Oruga en Sonar Club e Dj Judah en Sonar Hall estaban programadas para ás 22:00h pero ao non haber unha gran cola de xente este pequeno atraso non influíu na programación.
Nada máis entrar no recinto nos diriximos ao Sonar Club, para ver o live de Colectivo Oruga, no que deixaron claro que en Galiza hai calidade musical de sobra para exportar; unha boa actuación cuns audiovisuais feitos por eles, usando tamén un theremin -coñecido tamén como eterófono- deixando ao público asombrado. Durante a súa actuación non faltaron temas como December's Descent -o videoclip desta canción foi finalista no festival de Cans-, Old Dance ou WHERE THE WAVES BREAK THE WIND entre outros. Podedes consultar o myspace do grupo: http://www.myspace.com/colectivooruga
Despois dunha hora de actuación de Colectivo Oruga, o Sonar Club comezaba a encherse de xente para ver a gran esperada actuación de toda a noite: UNDERWORLD! Moita xente coa camisola da película Trainspotting, onde Underwrold estivo na BSO con Born Slippy que sería detonante do seu éxito.
Un público adulto onde había moi poucos adolescentes deixaban claro que os alí presentes querían revivir os momentos das súas vidas nos que este grupo estivo presente. Ademais do propio Born Slippy que fixo entrar aos asistentes en estado de trance como: Two Months Off , Scribble ou King Of Snake.
Rematada a actuación anterior, chegaba o momento de mudar de escenario e aproveitar para ver o ambiente do Sónar, como xa dixemos antes, un ambiente moi diferente a outros festivais, que confirmaba unha vez máis que a electrónica e sobre todo a electrónica experimental non é só para xente nova. Looks modernos e a súa vez antigos: moita barba, peiteados dos 80, camisas de flores e a cadros, gafas de pasta por todos os lados, tirantes e ata algún fumando por pipa, relos casio, unha parella vestida dos anos 80 -tal vez imitando a película Grease- e sobre todo, un ambiente moi retro.
Tócalle o turno no SonarHall a un live de DJ Ino & La Keise Band (House Café Music) nunha actuación de fusión entre funk e soul onde o público non parou de bailar,, así que decidimos quedarnos e esperar, Galis115 (Miniature, residente de Ruralita) foi o seguinte artista en actuar, ademais era habitual do antigo Vademecum (Vigo, actualmente coñecido como Playmovil) e tamén se deixou ver nalgunha edición do Reciclaxe. Nada mais comezar a sesión un problema técnico fixo que o son baixara considerablemente durante case un minuto, por sorte foi capaz de seguir e sorprendernos cunha sesión entre o trip-hop, hip-hop instrumental, pero sobre todo moi experimental.
Simultaneamenteo os Magnetic Man estaban en Sonar Club, así que volvemos a mudar de zona, onde Underworld deixara o listón moi alto, creando así un ambiente con ganas de ritmo onde os Magnetic Man tampouco defraudaron. Este grupo nado en UK formado por Skream, Benga e Artowrk baixo o selo Columbia Records son uns dos mellores dentro do dubstep. Coñecidos por temas como I Need Air ou Fire a súa actuación foi unha das máis esperadas e non defraudaron.
Ás 02:30 en SonarClub era a quenda dos franceses Dj Mehdi vs. Brodinski que fixeron unha sesión moi contundente na que se puido apreciar a forza do electro con toques techno.
Volvendo outra vez a SonarHall para ver a Waliskoski antes de que comezara o live de Buraka Som Sistema. Residente de Le Suite, este dj vigués fixo unha sesións cuns sons moi diversos, tal vez algo experimental posto que na súa bio di que mistura IDM, pop, techno, dub, house, electro... incluso algúns afirmaban que algúns temas estaban soando "contra compás".
As dúas últimas actuacións do festival as pasamos en SonarClub onde xa estaban quentando motores cun live os Buraka Son Sistema. Unha percusión moi marcada, temas algo comerciais e voces cantando e interactuando co público, uns bailes moi estraños e incluso repeticións continuadas de palabras fixeron que os alí presentes se dividiran entre os que comezaron a bailar e os que se quedaron totalmente quietos e sorprendidos. Se algo sacamos en conclusión desta actuación é que si non se gozaba mentres eles tocaban de nada servía quedarse quieto, intentando entender a súa actuación.
Despois de ver a James Holden a primeira vez que viu a Galiza no Creamfields en Vigo, verdadeiramente non quedaban ganas de esperar pola súa actuación -a pesar da gran fama e prestixio que ten- pero decidimos darlle outra oportunidade. Moi merecida a verdade, pois nada tiña que ver coa sesión do Creamfields que aburriu a máis dun. James fixo que a xente bailara e gozara até o final do festival sendo moito máis contundente ca primeira vez que o vimos en Vigo.
En definitiva, a calidade de son estivo moi ben, a non ser o problema técnico en SonarHall con Galis115, un ambiente excelente, pero un pequeno -ou grande- erro por parte da organización: a xente que tiña o bono dos dous dias tiña que gardar a entrada e levala consigo durante o festival, xa que non puñan pulseira...
Por diferentes motivos non puidemos acudir o sábado.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza