David Guetta - Nothing But The Beat (CD2)
Escrito por Lorena Iglesias   
Martes, 18 Outubro 2011 11:59

A semana pasada revisamos a primeira parte do último traballo de David Guetta, Nothing But The Beat e hoxe tócalle a quenda ó segundo CD que completa este traballo, se cadra menos comercial e para públicos diferentes. O CD 2 é un viaxe ás producións orixinais de Guetta sen necesidade de adornalos por vogais famosos.

Ler máis...
 
David Guetta - Nothing But The Beat
Escrito por Lorena Iglesias   
Luns, 10 Outubro 2011 11:02

Como cambiou David Guetta nestes últimos anos, dende Just A Little More Love até Sexy Bitch hai un proceso de mudamento brutal, o house que facía antes non ten nada que ver có que nos ofrece agora. Porque Guetta tira cara ó lado máis comercial dance? Porque atopou a fórmula que funciona, é capaz de convertir un tema sinxelo nun hit e iso tamén hai que saber valoralo.

Hoxe analizamos o seu último álbum "Nothing But The Beat" do cal non se diferencia moito do seu anterior "One Love".

 

Ler máis...
 
Digitalism - I love you, dude
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Escrito por Lorena Iglesias   
Xoves, 07 Xullo 2011 16:40

Digitalism volve despois de catro anos con un novo álbum. Despois de “Idealism” co seu rompepistas “Pogo” chega “I Love You, Dude”, un traballo que confirma a evolución deste dúo. A medio camiño entre electrónica e indie/nu disco, Digitalism ofrécenos algo de calidade pero que lembra en demasiados momentos a Justice e Daft Punk, se cadra porque estes foron os percursores deste estilo ou porque Digitalism non é capaz de darlle un toque persoal. Aínda así é un álbum para gozar:

Ler máis...
 
Novo albume de Rinkadink: Human Technicians (2011)
Escrito por Ana   
Martes, 10 Maio 2011 14:59

RinkadinkWerner "Vana" Van Jarsveld, ou mais coñecido por Rinkadink ven de editar un dos seus mellores traballos, Human Technicians. Sorprendente álbume, contundente e ben definido, poderoso, totalmente fiel a ese estilo propio que sempre sorprende na infinita variedade de estilos psy. Vana é un produtor sudafricano de psy trance, mais especificamente dun subxénero chamado Psy Trance Sur-Africano cuxa música se caracteriza por ritmos moi rápidos, sons intensos e graves que resultan en proxectos realmente orixinais.

Ler máis...
 
Daft Punk - Tron legacy
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Escrito por Lorena Iglesias   
Luns, 10 Xaneiro 2011 17:08

Este Nadal tiven a oportunidade de achegarme ó cine. A elección non foi difícil, xa que Tron Legacy contén todos eses elementos que te arrastran á gran pantalla: acción, 3D, efectos especiais, videoxogos e o máis importante... boa música. Antes de ir a vela, fíxenlle un repaso a todas os artigos que falaban da banda sonora que corre a cargo de Daft Punk, e en xeral, os críticos cineastas tildaron como sosa a produción do dúo francés, se cadra, porque non están acostumados a escoitar electrónica nos cines.

Ler máis...
 
10 anos de exploración espacial con Cosmic Gate
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Escrito por Javier Querolt   
Venres, 24 Decembro 2010 00:51

Cosmic Gate - Back 2 The FutureCosmic Gate. Porta cósmica. Curioso nome para o que probablemente sexa a parella de produtores trance máis vangardista que viu nacer Alemaña. A miña historia con Stefan “Bossi” Bossems e Nic Chagall comezou alá polo ano 2002 cando soia pinchar un tema deles, o cal creo que nunca deixei de levar na maleta, chamado “The Truth”, no xenial remix de Dj Isaac. A medida que o meu tempo achegábase a sons techtrance e hardtrance volvinme topar con eles, con temazos como “Human Beings”, en retrospectiva o “Fire Wire” co seus múltiples remixes, ou “Exploration of Space”.

Ler máis...
 
Shlomi Aber - Chicago Days, Detroit Nights
Avaliación do usuario: / 3
RuínMellor 
Escrito por Lorena Iglesias   
Luns, 18 Outubro 2010 18:27

O que máis chama a atención do segundo traballo longo de Shlomi Aber, é o seu título, algo máis que suxerinte. Unhas palabras que parecen un oasis no medio das percusións latinas de Tech-House mainstream. Chicago Days, Detroit Nights está publicado en Ovum Records, un selo que neste último ano, non para de sacar calidade musical relacionada con Techno no termo máis estrito da palabra.

Dámoslle ó play:

 

Ler máis...
 
Mark Broom - Acid House
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Escrito por Lorena Iglesias   
Martes, 21 Setembro 2010 12:48

Mark Broom, é un dos produtores máis coñecidos de electrónica. Acid House é o seu segundo longo despois de 14 anos de Angie is a shoplifter, podemos dicir que é unha continuación deste traballo, xa que segue polo mesmo estilo pero con sons renovados. Despois de varios anos flirteando con diferentes estilos, parece que Mark volve os seus orixes.

Coñecemos Acid House:

Ler máis...
 
Scooter Techno, a historia dun grupo
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Escrito por Alberto   
Sábado, 18 Setembro 2010 23:12

Moitos de nós cando acabamos de coñecer un grupo ou un artista que nos gusta moito, solemos procurar información del, ademais de buscar todos os discos anteriores para escoitalos e saber o máximo posíbel.

Ler máis...
 
Cora Novoa - The Secret Garden
Avaliación do usuario: / 4
RuínMellor 
Escrito por Lorena Iglesias   
Martes, 14 Setembro 2010 14:40

Cora Novoa segue crecendo, despois de arrasar con seu tema Unnatailable Love, chega co seu álbum debut, The Secret Garden. Será publicado polo selo de Henry Saiz (Natura Sonoris) e dende Galizaelectronica.com, nos aventuramos a dicir que será o traballo que a consolide, aínda máis, no panorama nacional e internacional.

The Secret Garden non se pode clasificar, hai influenzas de todo tipo, todos os cortes teñen un toque personal, que fai que identifiques o son de Cora nas primeiras notas.

Ler máis...
 
Surgeon - Fabric 43
Escrito por Lorena Iglesias   
Mércores, 25 Agosto 2010 16:10

Despois de pasar por problemas económicos e estar ó borde do peche, o clube Fabric parece que se vai recuperando. O seu novo álbum chega con máis de un mes de retraso, pero o 30 de Agosto terémolo nas tendas dixitais. O elexido para mesturar é un home que sempre se está re-inventando e que sobrevive a todas as modas (como o propio clube).El é Surgeon, un auténtico inxeñeiro de tecnoloxías dixitais.

Destapamos Fabric 43:

Ler máis...
 
Phonique - Kissing Strangers
Escrito por Lorena Iglesias   
Luns, 28 Xuño 2010 13:58

Michael Vater é o verdadeiro nome de Phonique, un tipo con estilo e personalidade propia. Se te atreves a destapar algúns dos seus discos, verás que se deixar influenciar polos toques máis sentimentais e funkys da electrónica.
Fai un par de semanas viu á luz o seu novo álbum Kissing Strangers, un traballo que segue a liña dos anteriores perocon aires renovados.

Aquí vos deixo unha pequena reflexión ó seu traballo e algún tema para que poidades escoitar on-line, 15 obras de arte para saborear do primeiro ó último, un álbum de 5 estrelas.

Ler máis...
 
Novo álbum en solitario de Technasia
Escrito por Martin NoMore   
Luns, 21 Xuño 2010 20:14

Central é o primeiro álbum de Technasia en cinco anos e o primeiro no que non colabora Amil Khan, xa que abandonou o proxecto fai un par de anos, así pois Charles Siegling faise cargo en solitario deste traballo, un álbum no que se afasta do estilo ao que nos ten afeitos, totalmente afastado do techno e sen os seus ritmos feroces, aposta por sons frescos, moi club, indagando no house. Siegling converteuse co tempo nun dos DJs máis respectados e permítese desmarcarse da súa liña con este álbum.

Ler máis...
 
Os discursos políticos na música electrónica
Avaliación do usuario: / 3
RuínMellor 
Escrito por Diego   
Sábado, 27 Febreiro 2010 14:39

Na actualidade e en toda a historia existiron discursos políticos demagóxicos, simples, intelixentes e outros tantos reivindicativos. Un discurso ben feito pode ser unha oratoria con fín propagandístico ou, por outra banda, pode non ser máis que a letra dunha canción ou o tema para inspirarse na creación dun hit.

Isto é o que ocorre en moitos casos na actualidade, sobre todo con produtores na música electrónica, que escollen unha vocal dun discurso para acoplar a unha base que servirá como a creación dun novo tema. A continuación veremos algúns exemplos de temas que demostran que o que presentamos non se pode calificar de casualidade.

Ler máis...
 
Funkadelic con Loopus in Fabula
Escrito por Ana   
Mércores, 17 Febreiro 2010 00:00

loopusLoopus in Fabula é o proxecto de Matteo Stropa de Milán, Italia con colaboradores. Case 20 anos facendo música, parte orixinalmente do electro-jazz e máis ou menos no ano 1998 aproxímase ao psy trance para permanecer en él e convertirse naquel entón nun dos artistas máis irresistibles para os amantes do psy trance e paradóxicamente para permanecer como un dos proxectos máis descoñecidos que, no momento en que por pura casualidade, son descobertos en algunha rave, non deixan a ninguén indiferente.

Ler máis...
 
Magda - Fabric 49
Avaliación do usuario: / 1
RuínMellor 
Escrito por Lorena Iglesias   
Xoves, 03 Decembro 2009 15:23

Cando me enterei que Magda sería a encargada de mesturar o novo número de Fabric quedei abraiada. Sempre pensei que Magda era unha artista subestimada; case nunca é cabeza de cartel, non é supervendas nos portais dixitais e os seus sets son admirados pero non o suficiente. A pesar de todo isto, sempre apostei por ela, é unha das poucas persoas que fai dez anos se rendiu ó minimal e hoxe en día segue apostando por el despois de todas as modas. É a artista que hai que ver con lupa, tanto as súas produccións que son un sons moi traballados,ata os seus sets que son como unha historia que nos vai contando.

Por estas cousas e por moitas mais imos a analizar esta sesión que espero que serva para re-consolidala entre as mellores do mundo.

Ler máis...
 
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 Seguinte > Final >>

Páxina 1 de 4