The Sound of Goodbye... un precioso adeus
Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
Escrito por Ernesto   
Martes, 21 Outubro 2008 18:03

The Sound of Goodbye é unha canción de Armin van Buuren que foi sacada por primeira vez en 1998 co alcume de Perpetuous Dreamer e que acadou un gran éxito ata o dia de hoxe.


Dedico esta revisión á extinta versión de Galizaelectronica.com, que afortunadamente segue adiante con este novo e espléndido look. Pero, como ó igual que a morriña que invade a canción de Armin, os que iniciamos Galizalectronica.com non podemos evitar sentir unha certa nostalxia por aquela versión 1.0.


Volvendo a canción, coimo dicíamos arriba foi sacada no 1998 por Perpetuous Dreamer, que non era outro que Armin van Buuren, que sacou tamén con ese alcume Future Fun-Land; logo traballaría con Fuel 2 Fire co que sacaría The Sound of Goodbye, e mais adiante con Raz & Adrian & Dennis Alfarez, sempre como Perpetuous Dreamer.


No 2001 sae un novo single con mixes entre trance e house. O primeiro deles é o de Above & Beyound Club Mix (7:14 min.), que é o máis tranceiro, cun trance moi europeo. O segundo remix é o de Armin van Buren Tribal Vocal Mix (8:45 min.), cun trance máis agresivo con algúns sons tribais que lle dan un efecto especial.

No 2002 a canción e reeditada en Europa polo selo Nervous acadando o top do Billboard's Club Chart, o que amosa que esta canción é o suficientemente boa como para acadar a cima do éxito catro anos despois de saír a versión orixinal de Perpetuous Dreamer. No 2006 Armin incluíuna no recompilatorio 10 Years (track 8), na versión de Dark Matter Remix, versión que non fora editada anteriormente. A finais do 2007, e xa co nome de Armin van Buuren foi reeditada outra vez, con novos remixes e saíndo na portada o anxo típico de Armin.


Os sons de sintetizador son contaxiosos e a voz de Elles de Graaf é sinxelamente perfecta. A frase "Sometimes the sound of goodbye is louder than any drumbeat" (Ás veces, o son do adeus é máis forte que calqueira tamborrada) repítese e quédase como un eco no subconsciente, é inesquecible. Armin fixo realmente un bo traballo con esta canción, que é unha das máis coñecidas del e tamén das máis pinchadas e versionadas.


A letra da canción é extremadamente sinxela, pero á vez profunda. Vén a contarnos o que sinte alguén a quen acaban de deixar de querer "you took my love away from me" e que se sinte completamente perdida para sempre "I am lost for all eternity". Iso fai que toda cara que vexa sexa fría coma o xeo "every face I see is cold as ice" e prodúcelle un profundo dor "everything I scratch is pain".


O video oficial reflicte ese sentimento especialmente ó final cando a cantante se mergulla na auga totalmente espida, coma se fose o fin a tanta dor. Previamente temos unhas preciosas imaxes ambientadas en paisaxes dun verde impresionante, moi parecido a Galiza ou Escocia, e nel tamén aparece Armin reflectido nunha charca, coma se fora o amante perdido da protagonista do video.

 

VERSIÓNS:


En canto ás versións hai un montón delas, entre as que están as seguintes que comento a continuación:


The Sound Of Goodbye Nic Chagall Drumbeat Re-Edit (8:46 min): trance en estilo puro.


- The Sound Of Goodbye Darkmatter Remix (7:18 min): trance máis cañeiro, mestura excepcional da parte musical cuns efectos perfectos; unha das versións máis uplifting trance. A parte musical é especialmente recoñecible.

- The Sound Of Goodbye Armins Tribal Feel Extended (8:46 min): como o nome indica, é feita con sons máis tribais, tira un pouco ó house e a parte vocal é máis corta. Nela usa os baixos atrevidamente, sen apenas efectos eu reverberacións, o que lle da unha vibración típica; logo vén a delicada parte coral, e así a canción está xa en camiño. Logo o uso que Armin fai do sintetizador e das cordas é típico del, dándolle o son propio de Armin.


- The Sound Of Goodbye Above And Beyond Remix (7:17 min): Drums ó comezo, ós que se lle van engadindo as distintas partes, facendo un conxunto moi elaborado. En certo modo recorda ó remix de What it Feels Like for a Girl de Madonna.


- The Sound Of Goodbye Rising Star Remix (10:47 min): engade unha voz anxelical ó principio, antes de introducirnos na canción, mesturando sons case dream con drums, e engade una ampla variedade de efectos sonoros.


- The Sound Of Goodbye Simon Shaker Remix (8:30 min): estilo house, salvo na parte cantada que recobra o son tranceiro da canción.


- The Sound Of Goodbye Robbie Rivera Remix Edit (3:46 min): tamén en estilo house.


- The Sound Of Goodbye Armins Tribal Feel Dub (8:16): sen apenas parte vocal.


- The Sound Of Goodbye Above & Beyond Us Radio Edit (3:51 min): uplifting trance en estado puro.


- The Sound Of Goodbye Above & Beyond Uk Radio Edit (3:20 min): moi parecida a anterior é a versión europea.


- The Sound Of Goodbye Robbie Rivera Dub (9:56 min): unha versión tranquila, entre house e techno.


- The Sound Of Goodbye Robbie Rivera Remix Extended (9:44 min): como a anterior, pero destacando a parte vocal.


- The Sound Of Goodbye Dijaro's Dub (7:01 min): versión moi progresiva, na que en lugar da parte vocal, oímos os ecos dela.


- The Sound Of Goodbye Armins Tribal Feel Radio Edit (3:29 min): tribal e house, versión máis tranquila.


- The Sound Of Goodbye Blank & Jones Remix (7:31): versión cos sons típicos e inconfundibles de Blank & Jones, moi boa, destacando a pureza da parte vocal, na que se oe a voz de Elles de Graaft sen distorsión.


Como "oficiais" temos dous discos de mixes, o Volume 1 (editado no 2007 polo selo de Armin) ca seguinte tracklist:


1.   The Sound Of Goodbye (Radio Edit) (3:22)
2.   The Sound Of Goodbye (Nic Chagall Drumbeat Re-Edit) (8:48)
    Remix - Nic Chagall 
3.   The Sound Of Goodbye (Dark Matter Remix) (7:20)
    Remix - Dark Matter 
4.   The Sound Of Goodbye (Armin's Tribal Feel Dub) (8:18)
    Remix - Armin van Buuren 
5.   The Sound Of Goodbye (Simon & Shaker Remix) (8:32)
    Remix - Simon & Shaker 
6.   The Sound Of Goodbye (Robbie Riviera Dub) (9:58)
    Remix - Robbie Rivera 
7.   The Sound Of Goodbye (Armin's Tribal Feel Extended) (8:50)
    Remix - Armin van Buuren 
8.   The Sound Of Goodbye (Above & Beyond UK Radio Edit) (3:20)
    Remix - Above & Beyond


E o Volume 2 (tamén editado no 2007 polo selo de Armin) que contén as seguintes:


1   The Sound Of Goodbye (Dijaro's Dub) (7:03)
    Remix - Dijaro
2   The Sound Of Goodbye (Robbie Rivera Remix Extended) (9:46)
    Remix - Robbie Rivera 
3   The Sound Of Goodbye (Robbie Rivera Remix Extended Edit) (3:48)
    Remix - Robbie Rivera 
4   The Sound Of Goodbye (Armin's Tribal Radio Edit) (3:31)
    Remix - Armin van Buuren 
5   The Sound Of Goodbye (Rising Star Remix) (10:51)
    Remix - Rising Star 
6   The Sound Of Goodbye (Above & Beyond Remix) (7:19)
    Remix - Above & Beyond 
7   The Sound Of Goodbye (Blank & Jones Remix) (7:33)
    Remix - Blank & Jones 
8   The Sound Of Goodbye (Above & Beyond US Radio Edit) (3:51)
    Remix - Above & Beyond


Aquí pódense consultar todas as edicións que se fixeron da canción.

VIDEOS:

Aparte do video oficial, pódense ver os seguintes:

- Abobe & Beyond Remix: moito máis trance uplifting, case dream, cunhas imaxes de solpores preciosas en distintos lugares paradisíacos. Versión na que é máis relevante a música que a parte vocal.

- Blank & Jones Remix: moi no estilo do dúo, respecta a parte vocal, e mestura especialmente a parte musical, engadindo os sons típicos do dúo, máis suaves e nostálxicos, aínda que sen perder a forza do trace orixinal da canción que destaca co bombo de fondo co que acaba a track.

- Indian Summer Mix, emitido no programa de A State of Trance: sigue bastante á versión orixinal, aínda que destaca máis a voz con amplias reverberacións.

- Tribal Fell Mix: como indica o título, son máis tribais.

Versión de Simon And Shaker: moito máis house, case techno, ca voz distorsionada, e música repetitiva.

Xa en directo destacamos estas, nas que podemos ver a Elles de Graaf cantando a canción:

- Armin Only Imagine do 2008: aparece no disco 2 do DVD do concerto que tivo lugar en Utrech, onde se gravou o DVD Armin Only 2008

- en The Sand

- Concerto do 8 de xuño de 2008.

Outros videos en directo:

Remix de Sandeer van Doorn

- Nic Chagall Drumbeat Re-edit: no Sensation White 2008 en Chile

- Armin en Cartagena (Colombia)

- Armin en Lima (Perú)

- Armin na festa da discoteca Big One en Bos Aires (Arxentina)

 

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy