Fai tempo, por non dicir anos, que tiña ganas de escribir unhas liñas sobre este tema que tanto falo cos meus amigos independentemente dos gustos musicais que teñan.
Necesitamos escoitar unha canción primeiro na radio ou nun pub para que nos guste? Que pasa, que se non poñen esa canción cuarenta veces na radio non é boa?. Eu son dos que pensa que moita xente ten medo de dicir o que pensa ou o que é o mesmo, que non teñen personalidade, non saben dicir si unha canción lles gusta se non a escoitan na radio, ou polo menos iso fai a gran maioria da xente.. ainda que por sorte non toda, eu persoalmente son dos que me gusta procurar grupos novos pola internet, sen necesidade de acudir as radios comerciais que parece que só elas poden dicir cal é a musica boa, que por desgraza os empresarios, os donos dos pubs.. fanlle bastante caso e mercan sempre recompilatórios basura para poñer nos seus locais.. e non quero ofender a ninguén con estas breves liñas, só quero dicir a miña opinión, é o que vexo día a día.
Se teñen tempo, procuren na internet novos grupos e estilos de música.. e sobretodo, non lle digan que non a cultura musical.



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza