Gui Boratto - Take my breath away
Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
Escrito por Galizaelectronica   
Mércores, 01 Abril 2009 16:39
Gui BorattoDe súpeto e sen querelo caeu nas miñas mans o novo traballo de Gui Boratto. Un album con 11 temas nos que o artista transmitir sentimentos de nostalxia só como él sabe. A verdade e que a foto da carátula do CD é bastante suxerente, se cadra o artista quíxonos dicir algo que podería ser entendido como "as cousas boas tamén son malas" asociando ás cousas boas o paisaxe cas flores e as malas as máscaras de gas dos rapaces.

Sexa como fose, o traballo de Gui Boratto neste CD é impecable. Empeza o viaxe cun tema do mesmo nome que o album Tame my breath away, un traballo cunha melodía cargada de morriña e sentimento. No segundo tema Atomic Soda deixa constancia de que tamén é capaz de facer grandes temas mais duros, cunha melodía case rozando o electro.

Todo artista que se precie ten na súa discografía algún tema light, con gran significado sentimental e neste caso é Colors, un tema con sons moi finos, unha traballada línea melódica e pausada.E de tema light pasamos a outro mais "oscuro" que é o de Opus 17 seguendo a mesma linea de sempre, baixos co toque da persoalidade de Boratto e melodías nostálxicas.

O seguinte corte para min é o mellor do CD aínda que recorda claramente a Like You, tema sacado por Boratto fai un tempo xa e remesturado polo gran Supermayer. No Turning Back é o seu nome, un tema cantado deses que se che poñel a pel de galiña.

Os tres temas seguintes: Azurra, Les Enfants e Besides seguen todos a mesma liña, con sons diferentes pero nada novo que poida aportar ó disco.

Chegamos os tres derradeiros temas do album. primeiro atopamos Ballroom que é un guiño descarado ó novo Tech-House que está de moda pero moi efectivo e contundente na pista. Logo deste Ballroom temos Eggplant, con unha linea de baixos forte e unha melodía bastante mais leda do que soe facer Boratto.Xa para pechar temos Godet, un tema moi experimental, música horizontal poderíase chamar, un traballo que non é para bailar senón para escoitar con moita atención.

Que sorte tiven de que caera nas miñas mans este album. 
smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy