As veces é mellor non pensar en nada e deixarse levar pola música, para estes momentos recoméndovos o primeiro traballo publicado de Cora Novoa que se chama Unattainable Love. Un corte sublime, cheo de sons envolventes e nos que a mesma Cora atrévese a cantar cunha voz fina, rozando o clímax e desafiando ós agudos.
As remesturas que corren a cargo de Charles Gudagafva e Alt Fenster non deixan de ter calidade pero non se achegan nin por asomo ó tema orixinal, xa que Charles utiliza sons xa demasiado estoupados nos tempos que corren.
Para rematar esta revisión deixei un tema de Cora bastante suxerente: Mercurio, ca mesma calidade que Unattainable Love e cunhas melodías moi persoais e atmosféricas, todo un tema cargado de sentimento.
Publicidade:
| Cora Novoa - Unattainable Love |
| Escrito por Galizaelectronica | |||
| Xoves, 02 Abril 2009 12:38 | |||
|
Comentarios (0)
![]() Facer comentario
|



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza