Cando Cecille coñeceu Oslo (ou viceversa)
Avaliación do usuario: / 3
RuínMellor 
Escrito por Martín   
Venres, 12 Xuño 2009 23:54

Levaba tempo querendo falar sobre dous selos que levan tempo dando que falar, preto de dous anos, na escena electrónica centro-europea.

Ambos selos teñen a súa sé en Mannheim, ambos xogan nunha liga non apta para todos os públicos, a camiño entre o house, os sons étnicos, o funky e vaiche ti a saber qué. Ás veces tirando cara ao máis deep, outras cara ao máis bailongo, pero sempre coa calidade como bandeira, e o facerche bailar como único obxectivo.

 Estou falando, por se algún despistado aínda non se decatou, de Oslo e Cecille. E é que é imposible falar dun sen mencionar nin tan sequera ao outro, así que o mellor é que os coñezamos aos dous xuntos, en total harmonía, falando un pouco por encima do importante nun selo: a súa música e as persoas que a fan posible.

E é que moitos dos artistas que pubican nun selo, tarde ou cedo acaban facéndoo no seu “irmán” e é que ambos teñen unha concepción moi similar do que debe saír de aí: música con sentimento, feita coa cabeza e co corazón, para goce de todo-los nosos sentidos.

 

 
Nekes @ TimeWarp 2009Xente como Nick Curly (vídeo no TimeWarp, no que estaban coma en casa) ou Robert Dietz por parte de Cecille, ou Federico Molinari e Nekes, os auténticos xefes de Oslo, están soando máis forte que nunca en todo o globo. Aventúrome a dicir, de todos os xeitos, que aínda non coñecemos nin á metade desta “crew” con residencia en Mannheim, pois xente como Ray Okpara (déixovos tres produccions, case ó azar: Brothers,Loving Moonbuah e Give it up) ou Christian Burkhardt (vídeo) son uns auténticos descoñecidos para o gran público, e a súa calidade, tanto producindo como en directo, é incontestable. Mención especial ao directo deste útlimo, dos LivePA máis selectos que un pode escoitar nisto do tech-house a día de hoxe; á espera de poder velo en vivo e directo dentro dunha semana en Barcelona, creo que, aínda sen chegar á calidade dos directos e producións de Reboot, outro artistazo made in Mannheim (pero que este se, xa está recibindo o recoñecemento que merece) quizá non lle falte moito.

 

 

Infórmovos que a data máis próxima que teñen a maioría dos artistas de Oslo na península, é a semana que vén, en Barcelona, acompañados pola xente de Remote Area, no que se vén chamando Off-Sónar, e que terá lugar na praia, gratis, con este cartel (agárrense que veñen curvas):

Shinedoe, 2000 and One, Bart Skils, Boris Wegner, David Labeij, Gimmik, Julien Chaptal, Kabale und Liebe, Lauhaus, Christian Burkhardt, Federico Molinari, Johnny D, Nekes, Ray Okpara, Vera…
Nick Curly
Non vos agarredes dos pelos (aínda), prometo facer un repaso á volta de Barcelona.

Déixovos a discografía de Cecille e Oslo para que lle botedes unha ollada.

 


Se estes últimos anos o espello no que se mirou a escena (mainstream, enténdese) foi o son creado por Richie Hawtin e a súa tropa m_nus, 2009 o está sendo da volta a sons máis cálidos, e creo sinceramente que esta xente ten moito que dicir.

Deixémoslles falar…

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy