Con motivo da celebración do Sumer Gay Festival, que terá lugar en Vigo o 7 de agosto e no que Galizaelectrónica estará presente ca DJ viguesa Lorena RK, así como do Día Internacional do Orgullo LGBT que se celebra o 28 de xuño aí van uns pequenos comentarios acerca da relación de parella que os gais en xeral e a música electrónica teñen. Unha relación de longa tradición e sen divorcios.
Sexa porque como di o típico tópico -non sempre certo- de que gais e lesbianas non acostuman ter fillos (aínda que dende que poden adoptar xa veremos si o tópico se mantén), e debido a iso dispoñen de máis cartos co resto dos mortais, que gastan en música e en ir de festa; sexa porque como outro tópico di, os gais e lesbianas sempre van a última moda... o caso é que estilo musical novo que aparece acostuma a ter boa acollida dentro do mundo gai. Tamén pode ser pola rebeldía innata que aqueles con tal orientación sexual acostuman a ter ante unha sociedade non sempre receptiva ós "diferentes", rebeldía que os leva musicalmente ós estilos máis underground -que logo resultan consolidarse-, como é o caso do techno, o trance ou o house.
Conxeturas ó marxe, non hai máis que darse unha volta por algunha discoteca de ambiente gai ou lésbico e por a orella, ou irse a algún dos festivais do Orgullo gai para decatarse de que ¡oh! Manolo Escobar non o poñen... pero Kylie Minogue, Madonna, ou algún clásico tipo Village People nunca faltan.En calqueira película con algún contido homosexual, na banda sonora hai dous tipos de música que nunca fallan: unha ópera ou ben un tema electrónico. Mentres que a ópera suele acompañar as esceas máis dramáticas, os temas máis bailables asócianse cos momentos de maior ledicia -a noite da discoteca na que se coñece ó amante desexado ou no que se logra ese ligue que perdura na memoria in saecula saeculorum. Así, sirvan de exemplo unha serie e unha película. A serie, unha das de máis éxito internacional, Quer as Folk, emitida aquí por Cuatro, ten na súa banda sonora temas como Star Guitar de Chemical Brothers, At The End de Iio, The Skins de Scissors Sisters, Free de Ultranaté... por citar algúns. O resto dos temas pódense consultar en discogs.
En canto películas, é mítica no que a música dance e drag queens se refire As aventuras Priscila Reina do Deserto, na que atopamos temas coma Go West de Village People, I Will Survive, de Gloria Gaynor, I've Never Been To Me de Charlene, Mamma Mia, de Abba... Aquí se pode consultar a BSO completa.
Algúns dos artistas máis relevantes na historia da electrónica recoñeceron públicamente a súa homosexualidade, como o caso de Neil Tennant de Pet Shop Boys, os integrantes de REM, Erasure, Scissor Sisters, as mozas de Tatoo... sin que -hoxe en día- afectara especialmente ó seu éxito. Nos títulos dalgunhas cancións tamén encontramos a palabra gay, coma nos temas Gay Disco de Boy George & Pet Shop Boys, Malchik gay de Tatoo, A ya u gay hodila de Verska Serduchka, Your Gay Friend de Robbie Williams, Gayatri de Electric Universe, I'm gay de Lucky Loke por citar algúns.
Outra proba desa especial relación entre a electrónica e o "unvierso gai" é que das dúas principais emisoras de radio electrónicas que se poden escoitar no país, unha delas leva por nome nada menos que Loca.fm -e para legos en terminoloxía unha "loca" non é máis que o típico gai que as cámaras de TV sacan en primeiro plano cando cubren algún evento pola súa especial exhuberancia na vestimenta ou con movementos un tanto femininos das mans...- ¿Intención ou casualidade o nome de Loca.fm? Habería que preguntarllo a eles ;-)
Aparte dos temas antes citados, velaí unha relación de cancións imprescindibles no reproductor de mp3 de calqueira que se precie de desexar ós humáns do mesmo sexo:
- I Will Survive (Gloria Gaynor)
- Enola Gay (OMD)
- Knock On Wood (Amii Stewart)
- In The Navy (Village People)
- Believe (Cher)
- Everybody Dance Now (Snap)
- She's A Maniac (Flash Dance)
- Dov'e L'amore (Cher)
- Diva (Dana International)
- YMCA (Village People)
- Venus (Bananarama)
- Macho Man (Village People)
- Rhythm of The Night (Corona)
- Ooh A Just A Little Bit (Gina G)
- It's Raining Men (The Weather Girls)
- Born To Be Alive (Patrick Hernandez)
ADVERTENCIA: Convén aclarar que porque che guste esta música non necesariamente es gai ou lesbiana... A fin de contas tamén hai gais que gustan do heavy metal ou da música clásica ;-)
E por se a alguén non lle chega sempre pode recurrir ós recompilatorios Gay Happening, que aparte dunha musica excelente veñen acompañados de suxerentes carátulas como se pode comprobar na foto que aparece arriba.
Con todos estes antecedentes a nosa web tiña que estar presente no primeiro Summer Gay Festival que se celebrará en Vigo, na Sala A, e aínda que somos Galizaelectronica, de seguro que hai máis dun ou dunha gailizaelectrónica x ahí na web... A cidade escollida, Vigo, xa ten bos antecedentes da combinación gai-electrónica, cun dos pubs máis relevantes de Galiza, o 7-4 que ata saiu fai anos no suplemento dominical de El Pais como un dos pubs de España onde mellor música se podía escoitar. Outra sala mítica de Vigo é o Roy Bleck, aberto como "refuxio" para gais nada menos que en tempos de Franco! -é certamente o local gai de máis antiguedade do país-, e no que a música se refire, sen acadar o nivel do 7-4, si que pón música moi danceira. E tamén está o Plaff, un dos poucos locais recoñecidos como lésbicos de toda Galiza, cun estilo musical similar. Máis info sobre estes locales e outros de ambiente na guía gai de Vigo.





Meneame
Chuza