"Propaganda (Part I)": así se chama o derradeiro álbum de estudio do holandés Marco V. Aínda que xa leva uns meses no mercado (saíu en maio), creo que merece a pena comentar e recomendarvos este disco imprescindible.
No seu cuarto álbum de estudio, tras tres anos de "silencio" (publicando pequenas obras mestras como Dudak e colaborando con xente como Sander Van Doorn), Marco Verkuylen vólvenos sorprender cun tremendo e innovador disco que consta de once temas que van dende o trance máis progresivo (Unprepared) ata o techtrance máis vanguardista (Coma Aid), pasando por tracks technohouse (Treviso). Esta versatilidade volve a colocar os temas de Marco V nos playlists de xente como Sander Van Doorn, Marcel Woods, John O’Callaghan, Markus Schulz, Judge Jules ou Armin Van Buuren.
Publicidade:
| Marco V: Propaganda |
| Escrito por Javier Querolt | |||
| Luns, 12 Outubro 2009 21:02 | |||
|
Marco V, do que moita xente di que a V ven de Visionary, ten un concepto moi especial dos albumes de estudio, e considera que son albumes de artista e como tales deben ser atractivos tanto para a vista como para o oído. Xa o fixera en 200V (que se ofrecía en CD/DVD cos visuais dos tracks incluídos, que eran os que pinchaba nas súas actuacións nunha perfecta combinación de visuais e tracks). Nesta ocasión contou coa colaboración do artista gráfico británico Vee Ladwa (que ten colaborado con Marvel, por exemplo, en cómics dos Catro Fantásticos), que lle fixo un pequeno cómic sobre o propio artista, "The V:Man History", para o libreto. ![]() Como curiosidade o último tema forma parte da banda sonora do campionato oficial de rallys da FIA (FIA WRC).
Mentres agardamos a que, probablemente este mes, saia "Propaganda: Part II", podemos deleitarnos cun dos albumes de música electrónica máis importantes deste ano. Comentarios (0)
![]() Facer comentario
|







Meneame
Chuza