Gaiser - Pullpush EP
Avaliación do usuario: / 0
RuínMellor 
Escrito por Lorena Iglesias   
Xoves, 15 Outubro 2009 20:05

O novo traballo de Gaiser esta composto por catro temas sublimes cargados do mellor Techno con toques Minimal. O primeiro deles chámase Pullpush e trátase dun tema minimal bastante contundente e bailable. O segundo corte recibe o nome de oolooloo, este tema ten o privilexio de soar na portada da páxina de M_nus, e non é para menos, unha melodía moi traballada cunha base cargada de enerxía.
Seguimos escoitando e o vindeiro tema chamado mfnstmp deixanos abraiados, efectos moi conseguidos e cun toque de personalidade que o escoitalo xa sabes perfectamente que se trata de Gaiser. Para rematar o tema mais contundente dos catro, Semaphore, un minimal tech escandaloso cunha pegada desas que deixan marca. Sen dúbida Gaiser volveu a conseguir uns temas cargados de éxito.

 

smaller text tool iconmedium text tool iconlarger text tool icon
Comentarios (0)Add Comment

Facer comentario

security code
Escribe os caracteres da imaxe


busy