Na actualidade e en toda a historia existiron discursos políticos demagóxicos, simples, intelixentes e outros tantos reivindicativos. Un discurso ben feito pode ser unha oratoria con fín propagandístico ou, por outra banda, pode non ser máis que a letra dunha canción ou o tema para inspirarse na creación dun hit.
Isto é o que ocorre en moitos casos na actualidade, sobre todo con produtores na música electrónica, que escollen unha vocal dun discurso para acoplar a unha base que servirá como a creación dun novo tema. A continuación veremos algúns exemplos de temas que demostran que o que presentamos non se pode calificar de casualidade.
Martin Luther King 'tivo un soño', que hai pouco se fixo realidade. Ese soño foi o detonante para que Erick Morillo, e outros djs, utilizasen as súas verbas para a creación de temas. O resultado foi, a principios do ano 2.000, un tema en honor a un mito da historia.
Hai outros políticos que os seus discursos son auténticos rompepistas, como o de Hugo Chávez cantando 'Pavo Real'. Hai pouco que Wally López introduciu esas palabras no seu tema 'Noche sin luna'.
Para finalizar mostraremos outra producción dun discurso de Salvador Allende, remixado por Juan Magan. Nun futuro, terán os discursos políticos e a propaganda política unha base electrónica?



Yahoo
Googlize this
Facebook
Meneame
Chuza